O ampere ou amperio[1], é a unidade de intensidade de corrente eléctrica, símbolo A, equivalente ó paso de 1 culombio cada segundo:
Defínese como a corrente constante que, mantida entre dous fíos condutores rectos, paralelos, de lonxitude infinita, de sección circular desprezable, afastados entre si, no baleiro, unha distancia dun metro, produce unha forza entre os condutores de 2 x 10-7 N por cada metro de condutor.