Saltar ao contido

Conxelación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxelación
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Conxelación de dedas.
 Instancia de
 Subclase de
 Semellante a
 Especialidade médica
Identificadores
Freebase/m/0213yl Editar o valor en Wikidata
MeSHD005627 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB31167 Editar o valor en Wikidata
CIE-11152692065 Editar o valor en Wikidata
CIE-9991.0 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000057 Editar o valor en Wikidata
eMedicine770296 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2781166493 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A conxelación de obxectos como forma de conservación que baséase na solidificación da auga contida nestes. Por iso, un dos factores a ter en conta no proceso de conxelación é o contido de auga do produto. En función da cantidade de auga tense a calor latente de conxelación. A calor latente da auga é a cantidade de calor precisa para transformar 1 kg de líquido en xeo, sen cambio de temperatura, neste caso é de 80 kcal/kg. Outros factores son a temperatura da xanela inicial e final do produto pois son determinantes na cantidade de calor que se debe extraer do produto. A conxelación defínese como a aplicación intensa de frío capaz de deter os procesos bacteriolóxicos e encimáticos que alteran os alimentos.

Tipos de conxelación

[editar | editar a fonte]
Pizza conxelada.
  • Por aire: unha corrente de aire frío extrae a calor do produto ata que se consegue a temperatura final.
  • Por contacto: unha superficie fría en contacto co produto que extrae a calor.
  • Crioxénico: empréganse fluídos crioxénicos, nitróxeno ou dióxido de carbono, que substitúen ó aire frío para conseguir o efecto conxelador.

Efectos da conxelación

[editar | editar a fonte]

Aproximadamente o 80 % do peso total dun animal e mesmo máis dunha planta corresponde á auga. A auga é o compoñente maioritario dos alimentos que derivan de animais e plantas.

Ó conxelar un alimento, a auga transfórmase en xeo e prodúcese un efecto de desecamento.