Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Segundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Segundo (unidade de tempo)")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Reloxo con agulla de medir segundos.

O segundo (símbolo no SI: s[1]) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día)[2], mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.[3]

A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica. As unidades máis usadas neste caso son outras non pertencentes ao SI: o minuto a hora e o día.

O segundo tamén ten a unidade base de tempo nos sistemas de unidades centímetro-gramo-segundo, metro-quilogramo-segundo, metro-tonelada-segundo e pé-libra-segundo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra segundo provén do latín sequire (seguir); porén, o seu uso para denominar a medida de tempo é semellante á orixe do termo minuto. Este provén do latín minuta (parte pequena); é dicir, unha «minuta de hora» é unha parte pequena da hora. A hora dividíase en 60 fraccións ás que se denominaba pars minuta prima (primeira parte pequena), e á súa vez estas dividíanse novamente en 60 partes chamadas pars minuta secunda (segunda parte pequena).[4]

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras civilizacións construíron divisións do día, mais ningunha delas empregou o termo segundo nin estableceu unha unidade análoga. Os exipcios subdividían o día e a noite en períodos de doce horas cada un dende polo menos 2000 a.C., o que levaba a que a duración dunha hora variase coa estación do ano. Os astrónomos gregos Hiparco (c. 150 a.C.) e Tolomeo (c. 150 d.C.) subdividiron o día de maneira sexaxesimal e usaron a hora media como (124 día), fraccións de hora (14, 23 etc.) e tempo-graos (1360 día ou catro segundos modernos), mais non minutos nin segundos modernos.[5]

O día dividiuse sexaxesimalmente, é dicir, por 160, despois 160, despois 160 sucesivamente, ata 6 lugares despois do punto sexaxesimal (unha precisión de máis de 2 microsegundos) polos babilonios despois de 300 a.C.[6] Os babilonios non empregaban a hora, mais usaban a hora-dupla (120 minutos), o minuto grao (4 minutos) e a cevada con duración de 313 de segundo (equivalente ao helek hebreo,[7] porén non subdividían de maneira sexaxesimal esas unidades menores de tempo.

No ano 1000 o estudoso persa al-Biruni, que escribía en árabe empregou por primeira vez a expresión segundo e definiu a división de tempo entre as lúas novas dalgunhas semanas específicas en días, horas, minutos, segundos, terzos e cuartos despois do mediodía do domingo.[8] En 1267 o científico Roger Bacon definiu a división de tempo entre lúas cheas como o número de horas, minutos, segundos, terzos e cuartos (horae, minuta, secunda, tertia e quarta) tralo mediodía nunhas datas especificadas.[9]

Os primeiros reloxos mecánicos apareceron na segunda metade do século XVI, e nese momento puido medirse o segundo de xeito máis exacto e en 1579 Jost Bürgi construíu para Guillerme de Hesse un reloxo que marcaba os segundos.[10] En 1644, Marin Mersenne calculou que un péndulo cunha lonxitude de 0,994 metros tería un período de dous segundos, permitindo a medida dun segundo mediante un péndulo.[11]

En 1832, Gauss propuxou empregar o segundo como unidade fundamental de tempo no seu sistema milímetro-miligramo-segundo. A British Association for the Advancement of Science (BAAS) declarou en 1862 que "todos os homes de ciencia estaban de acordo en empregar o segundo de tempo medio solar como unidade de tempo".[12] BAAS propuxo formalmente o sistema CGS en 1874, aínda que foi substituído gradualmente polo MKS durante os seguintes anos. En ambos os sistemas a definición de segundo era 1/86 400 do día solar medio.

Non obstante, entendeuse que a rotación terrestre era demasiadamente imprecisa e en 1956 modificouse a definición para relacionala co ano, polo que o segundo se definiu como:

O segundo é 1/31 556 925,9747 do ano tropical para o 0 de xaneiro de 1900 as 12 horas do tempo ephemeris.[13]

Co desenvolvemento dos reloxos atómicos tornouse máis fácil medir a duración da transición entre dous niveis de enerxía dun átomo ou molécula. Isto tornou tamén posíbel medir o tempo con maior precisión que utilizando a definición corrente.[14] A principios da década de 1960 decidiuse empregar o tempo atómico como base para a definición do segundo e na 13.ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, en 1967, substituíuse a definición do segundo:

O segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio.
13ª CXPM, 1967-1968, Resolución 1[14][15]

En 1997 modificouse a definición para incluír a aclaración "esta definición refírese ao átomo de cesio estable a unha temperatura de 0 K".[14]

Múltiplos e submúltiplos do segundo no SI[editar | editar a fonte]

Os prefixos do SI empréganse habitualmente para medidas de tempo inferiores ao segundo, pero apenas aparecen para múltiplos do segundo (o coñecido como "tempo métrico"). Pola contra, adoitan usarse unidades que non forman parte do sistema como o minuto, a hora o día ou o ano.

Múltiplo Nome Símbolo Equivalencia Submúltiplo Nome Símbolo
100 segundo s      
101 decasegundo das 10 segundos 10−1 decisegundo ds
102 hectosegundo hs 1 minuto 40 segundos 10−2 centisegundo cs
103 quilosegundo ks 16 minutos 40 segundos 10−3 milisegundo ms
106 megasegundo Ms 11,6 anos 10−6 microsegundo µs
109 gigasegundo Gs 31,7 anos 10−9 nanosegundo ns
1012 terasegundo Ts 31 700 anos 10−12 picosegundo ps
1015 petasegundo Ps 31,7 millóns de anos 10−15 femtosegundo fs
1018 exasegundo Es 31 700 millóns de anos 10−18 attosegundo as
1021 zettasegundo Zs 31,7 billóns de anos 10−21 zeptosegundo zs
1024 yottasegundo Ys 31 700 billóns de anos 10−24 yoctosegundo ys

Outras unidades relacionadas[editar | editar a fonte]

Unidades de tempo[editar | editar a fonte]

1 segundo internacional é igual a:

Unidades de frecuencia[editar | editar a fonte]

As unidades de frecuencia son as recíprocas do segundo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ás veces abréviase de xeito erróneo como seg.
  2. "SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 02 de outubro de 2008. 
  3. "Official BIPM definition". BIPM. Consultado o 1 de outubro de 2009. 
  4. Soca, Ricardo. "Etimología de minuto". El Castellano (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04-02-2012. Consultado o 8-9-2013. 
  5. Toomer, G. J (1998). Ptolemey's Almagest (en inglés). Princeton, New Jersey: Princeton University Press. p. 6–7; 23; 211–216. ISBN 978-0-691-00260-6. 
  6. Neugebauer, O (1975). A history of ancient mathematical astronomy. Springer-Verlag. ISBN 038706995X. 
  7. Neugebauer, O. The astronomy de Maimónides, Hebrew Union College Annual, volume 22 , p. 325, 1949.
  8. al-Biruni (1879). The chronology of ancient nations: an English version of the Arabic text of the Athâr-ul-Bâkiya of Albîrûnî, or "Vestiges of the Past". Sachau C Edward. pp. 147–149. 
  9. Bacon, Roger (2000). The Opus Majus of Roger Bacon. University of Pennsylvania Press. ISBN 978-1-85506-856-8. 
  10. Landes, David S. (1983). Revolution in Time. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-674-76802-7. 
  11. Jenner, Greg (29 de xaneiro de 2015). A Million Years in a Day: A Curious History of Everyday Life. Orion. p. 275. ISBN 978-0-297-86979-5. 
  12. Jenkin, ed. (1873). Reports of the committee on electrical standards. British Association for the Advancement of Science. p. 90. 
  13. "Leap Seconds". Time Service Department, United States Naval Observatory. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "Sistema Internacional de Unidades" (PDF). INMETRO. Consultado o 2 de novembro de 2009. 
  15. "Le Système international d’unités" (PDF). Bureau international des poids et mesures (en francés). Consultado o 2 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]