Romário
Romário Da Souza Faria, nado en Río de Xaneiro o 29 de xaneiro de 1966, e un político e futbolista brasileiro, que xoga de dianteiro. Dende 2014 é senador do seu país.
Gañou o Mundial de Fútbol de 1994. Alcumado O Baixinho pola súa pequena estatura, foi un dianteiro goleador e talentoso, que recibiu o premio FIFA World Player en 1994. Máximo goleador do Campionato Carioca en 7 ocasións, da Eredivisie noutras 3 ocasións, e da Liga española nunha ocasión mais, ó longo da súa carreira profesional anotou 902 goles entre clubs e selección.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]A súa carreira comezou no Vasco da Gama, equipo no que acreditou uns rexistros goleadores que chamaron a atención de varios equipos europeos. En 1988 asinou un contrato co recente gañador da Liga de Campións da UEFA, o PSV Eindhoven. Despois de 5 tempadas en Países Baixos, o FC Barcelona adestrado por Johan Cruyff fíxose cos seus servizos para tentar gañar a 2ª Copa de Europa. A pesar de acadar o Pichichi e a liga no seu primeiro ano, na seguinte tempada abandonou o club, para rematar a tempada no Flamengo. Ó ano seguinte volveu a España para defender as cores do Valencia CF, pero non xogou mais que 10 encontros. O resto da súa carreira foi unha continua peregrinación por varios clubs brasileiros, asiáticos, australianos e estadounidenses, lonxe do máximo nivel do fútbol internacional.
Club | Tempada | Liga | Copas Nac. | Copas Inter. | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PXog | Goles | PXog | Goles | PXog | Goles | PXog | Goles | ||
Vasco da Gama Brasil |
1985/88 | 125 | 80 | - | - | - | - | 125 | 80 |
1999/02 | 79 | 81 | 9 | 6 | 24 | 19 | 112 | 106 | |
2005/06 | 34 | 24 | 3 | 4 | - | - | 37 | 28 | |
2007/08 | 6 | 3 | - | - | - | - | 6 | 3 | |
Total | 244 | 188 | 12 | 10 | 24 | 19 | 280 | 217 | |
PSV Eindhoven Países Baixos |
1988/93 | 107 | 98 | 11 | 13 | 22 | 16 | 140 | 127 |
Total | 107 | 98 | 11 | 13 | 22 | 16 | 140 | 127 | |
FC Barcelona España |
1993/95 | 46 | 34 | 2 | 0 | 17 | 5 | 65 | 39 |
Total | 46 | 34 | 2 | 0 | 17 | 5 | 65 | 39 | |
Flamengo Brasil |
1995/96 | 59 | 59 | 10 | 2 | 4 | 2 | 73 | 63 |
1996/97 | 23 | 21 | 9 | 7 | 0 | 0 | 32 | 28 | |
1997/99 | 63 | 52 | 11 | 13 | 10 | 12 | 84 | 77 | |
Total | 145 | 132 | 30 | 22 | 14 | 14 | 189 | 168 | |
Valencia CF España |
1996/97 | 5 | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 5 | 4 |
1997/98 | 4 | 1 | 1 | 1 | 0 | 0 | 5 | 2 | |
Total | 9 | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 | 10 | 6 | |
Fluminense Brasil |
2002 | 26 | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 26 | 16 |
2003/04 | 34 | 18 | 2 | 2 | 0 | 0 | 36 | 20 | |
Total | 60 | 34 | 2 | 2 | 0 | 0 | 62 | 36 | |
Al-Sadd Sports Club Qatar |
2003 | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 3 | 0 |
Total | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 3 | 0 | |
Miami FC (*) Estados Unidos |
2006 | 25 | 19 | 1 | 0 | 0 | 0 | 26 | 19 |
Total | 25 | 19 | 1 | 0 | 0 | 0 | 26 | 19 | |
Adelaide United Estados Unidos |
2006 | 4 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 4 | 1 |
Total | 4 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 4 | 1 | |
Total na súa carreira | 637 | 511 | 59 | 48 | 77 | 54 | 773 | 613 |
(*) Goles e encontros de Segunda División
Coa selección brasileira disputou 70 encontros, anotando 55 goles, que o colocan na 3ª posición de goleadores coa canarinha por detrás de Pelé (77 goles) e Ronaldo (67 goles), e por diante de Zico (52 goles) e Bebeto (39 goles). Trala prata acadada nos Xogos Olímpicos de Seúl en 1988, conquistou a Copa América de 1989, o Mundial de 1994, de novo a Copa América en 1997, e a Copa Confederacións de 1997. En 1998 tivo unha lesión e non foi chamado para o mundial. O último encontro de Romário coa selección do Brasil tivo lugar o 27 de abril de 2005.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Como xogador da selección:
- Copa Mundial de Fútbol (1) = 1994
- Copa América (2) = 1989, 1997
- Copa Confederacións (1) = 1997
- Como xogador de club:
- Campionato Carioca (3) = 1988, 1996, 1999
- Eredivisie (3) = 1989, 1991, 1992
- Liga Española (1) = 1994
- Brasileirao (1) = 2000
- Copa Mercosur (2) = 1999, 2000
- Copa dos Países Baixos (1) = 1990
- Supercopa de España (1) = 1994
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Futbolistas olímpicos do Brasil
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Nados en 1966
- Nados no Río de Xaneiro
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do PSV Eindhoven
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores do Vasco da Gama
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas olímpicos de prata polo Brasil
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Políticos do Brasil
- Gañadores do Trofeo Pichichi
- Adestradores do Vasco da Gama
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Futbolistas gañadores da Copa América