Fervenza
Aparencia
(Redirección desde «Cachoeira»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fervenza (homónimos).
| Fervenza | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de fervenza |
Unha fervenza[1] é unha caída de auga dende certa altura provocada por un forte desnivel na canle dun río, e a auga cae verticalmente por efecto da gravidade.
Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.
Unha gran fervenza recibe o nome de catarata[2] mentres que unha pequena denomínase cachoada[3], ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]En galego, a fervenza tamén se denomina abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga e seimeira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Fervenza en Meira
- Fervenza en Samos.
- Fervenzas do río Toxa.
- Fervenza no río Belelle.
Cataratas
[editar | editar a fonte]
- As cataratas do Niágara no estado de Nova York (Estados Unidos).
- As cataratas do Iguazú na fronteira entre a Arxentina e o Brasil.
- Fervenza do Tequendama, en Cundinamarca, Colombia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fervenza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catarata.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachoada.