Nerja
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Málaga | ||||
| Capital | Nerja | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 22.132 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 85 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 26 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Alberto Armijo Navas | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 29780 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 29075 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | nerja.es | ||||
Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes. Case un terzo dos residentes son estranxeiros, predominantemente ingleses.
Situación
[editar | editar a fonte]Limita: ao norte co municipio de Cómpeta, ao leste co municipio granadino de Almuñécar, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste co municipio de Torrox, e ao noroeste co municipio de Frigiliana.
Está situado a uns 52 km ao leste da cidade de Málaga, e queda a dúas horas por estrada de Granada e da estación de esquí de Serra Nevada.
En Nerja atópase a entidade local menor de Maro.
Historia
[editar | editar a fonte]
Nerja ten historia longa probada polas pinturas atopadas na famosa Cova de Nerja descuberta en 1959 e hoxe en día é o sitio turístico español máis visitado tras o Museo do Prado de Madrid e a Alhambra de Granada. Baixo o reino musulmán, o nome era Narixa, que significa «fonte abundante» e que é a orixe do nome actual.

No centro do pobo está o Balcón de Europa, un miradoiro que regala vistas impoñentes do mar aos seus hóspedes. O nome de "Balcón de Europa" foi proposto polo Rei Afonso XII, que visitou a zona en 1885 logo dun sismo desastroso e que quedou cativado polo escenario.
Atraccións turísticas
[editar | editar a fonte]Nerja ten varias praias, entre as que cabe destacar as de Burriana, Calahonda, El Salón, La Torrecilla e El Playazo. Esta última conta cunha contorna que aínda non sufriu as consecuencias da urbanización descontrolada do litoral malagueño.
Nerja posúe un clima suave todo o ano, que permite o cultivo de froitos subtropicais como a chirimoia ou o aguacate.
En Nerja gravouse durante 1979 e 1980 a famosa serie de televisión Verano azul e naceron a cantante e actriz Nuria Fergó, e a actriz da serie Yo soy Bea, Ruth Núñez.
Natureza
[editar | editar a fonte]Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista do Balcón de Europa
-
Praias de Nerja
-
Praias de Nerja
-
Vista desde o Balcón de Europa
-
Vista desde o Balcón de Europa
-
Paseo Turístico por Nerja
-
Monumento
-
Monumento - Cova de Nerja
-
Igrexa de Salvador
-
Igrexa de El Salvador
-
Igrexa de El Salvador
