Parque Natural da Serra de Grazalema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serra de Grazalema")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Serra de Grazalema
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 13 de febreiro de 1985 Parque Natural, 1977 Reserva da Biosfera
Superficie: 53.411 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Flag Cádiz Province.svg Cádiz, Flag Málaga Province.svg Málaga
Concellos: Algodonales, Benaocaz, El Bosque, El Gastor, Grazalema, Prado del Rey, Ubrique, Villaluenga del Rosario, Zahara, Benaojan, Cortes de La Frontera, Jimera de Libar, Montejaque, Ronda
Ríos:
Picos Serra do Endrinal (1565 metros), Serra do Pinar (1654 metros)
Direccións de interese: Oficina do Parque Natural en Ronda
Teléfonos: 952 877 778 – 952 855 212

O Parque Natural da Serra de Grazalema atópase no extremo máis occidental da Cordilleira Subbética, en Andalucía. Esténdese polas provincias de Cádiz e Málaga. Ten unha superficie de 53.411 hectáreas.

Trátase do lugar onde se rexistra o maior índice de pluviosidade da Península Ibérica.

Flora[editar | editar a fonte]

O Parque Natural é un importante reduto para o pinsapo. Ademais pódese atopar o carballo anano, a alfarrobeira e a oliveira silvestre. É salientable a presenza da mapoula de Grazalema (Papaver rupifragum), que só se atopa aquí e no norte de África.

Fauna[editar | editar a fonte]

Os mamíferos máis comúns e salientables son a cabra montesa e o corzo. Tamén se atopa o meloncillo e a xeneta. Entre as aves, nomear a choia e o merlo azul.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]