Rincón de la Victoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°42′58″N 4°16′46″O / 36.71611, -4.27944

Rincón de la Victoria
Vista dunha praia de Rincón
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaMálaga
Xeografía
Altitude0 msnm
Superficie27,51 km²
Demografía
Poboación45 138 hab. (2017)
Densidade1 640,79 hab./km²
XentilicioRinconero/ra
Outros datos
Código postal29730 e 29738
AlcaldeFrancisco Salado Escaño (PP)
http://www.rincondelavictoria.es

Rincón de la Victoria é un municipio da provincia de Málaga, en Andalucía, España. Está situado na comarca da Axarquía e integrado no área metropolitana de Málaga e a Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol-Axarquía.

Limita ao norte cos municipios de Totalán e Moclinejo; ao nordés, co municipio de Macharaviaya; ao leste, co municipio de Vélez-Málaga; ao sur, co mar Mediterráneo; e ao oeste co municipio de Málaga.

Cunha poboación de 37.145 habitantes segundo o censo de 2008, El Rincón é o décimo municipio máis poboado da provincia malagueña. Debido á súa proximidade á cidade de Málaga converteuse en cidade dormitorio, aínda que aínda conserva parte do seu carácter mariñeiro.