Torremolinos
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Málaga | ||||
| Capital | Torremolinos | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 70.933 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 20 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 49 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Pedro Fernández Montes (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 29620 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 29901 | ||||
| Sitio web | torremolinos.es | ||||
Torremolinos é un municipio español situado na provincia de Málaga, na costa mediterránea da comunidade autónoma de Andalucía. É a cabeza do partido xudicial homónimo e está integrado na comarca da Costa do Sol Occidental, a mancomunidade do mesmo nome e a área metropolitana de Málaga.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Está situado na Costa do Sol, no lado occidental da baía de Málaga e ás costas da Serra de Mijas. Atópase a unha altitude de 49 msnm e a 13 km de Málaga, a capital de provincia. Está comunicado mediante a autovía A-7, que circunvala a cidade polo norte, así como por tren de proximidades.
No ano 2008 contaba con 63.077 habitantes, que o converten no sexto municipio máis poboado da provincia. O seu termo municipal ten unha superficie de 20 quilómetros cadrados e unha densidade de poboación de 3.153,85 hab/km², que se multiplica durante os meses de verán.
Desde os anos 50, Torremolinos, que anteriormente foi un pequeno pobo de pescadores, é un dos principais destinos turísticos de sol e praia de España e o primeiro de Andalucía. A afluencia de estranxeiros e turistas en xeral crearon un ambiente liberal e permisivo que aínda se respira na actualidade.
Torremolinos tamén é coñecido localmente como Torroles[2].
