Torrox
Torrox é un concello español da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situado na Costa do Sol Oriental, a beiras do mar Mediterráneo e ao pé da Serra de Almijara. É a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome e un dos municipios que conforman a comarca da Axarquía e a Mancomunidade de Municipios da Costa do Sol-Axarquía.
O seu termo municipal ten unha superficie 51 km² que se estenden polo val do río homónimo, e unha poboación de 16.395 habitantes, segundo o censo do INE de 2008. Esta distribúese en dous núcleos diferenciados; o antigo núcleo de Torrox, situado no interior, e Torrox Costa, situado no litoral, onde se atopa a maior parte da poboación. Cabe mencionar que alberga a unha das maiores colonias de residentes alemáns de España.
Debido ás súas praias e infraestrutura turística é un lugar moi transitado durante os meses de verán. Os terreos agrícolas son dunha elevada produtividade grazas ao microclima subtropical da zona, que permite o cultivo de froitas tropicais como o aguacate, a manga ou o níspero, que se suman á produción de hortalizas e plantas ornamentais baixo plástico.
Crese que as orixes do Torrox están nunha cidade-factoría romana probablemente chamada Caviclum. Os árabes impulsaron a plantación das árbores da morera, convertendo a Torrox nun centro da industria da seda, que atendía a demanda dos mercados de Málaga e Granada, onde era moi apreciada. Tras a conquista castelá sufriu as consecuencias da rebelión dos mouriscos, a expulsión destes e as seguintes repoboacións.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torrox |