Antequera
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Andalucía | |||
| Provincia | Provincia de Málaga | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 41.619 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 749,34 km² | |||
| Altitude | 575 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Manuel Jesús Barón Ríos | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 29200 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 29015 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | antequera.es | |||
Antequera é un municipio andaluz da provincia de Málaga. Ten 44.547 habitantes.[cando?] Está situado na comarca do mesmo nome, a 45 km de Málaga e a 160 km de Sevilla.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Antequera está situada entre dúas das grandes unidades xeográficas andaluzas: as Cordilleiras Sub béticas e o Suco Intrabético. As Cordilleiras Sub béticas están presentes de forma descontinua nas serras da Vega de Antequera, depresión da cadea que conforman o Suco Intrabético.
Debido á grande extensión do municipio (814 km2), este presenta un carácter físico heteroxéneo, no que hai tres diferentes unidades territoriais principais:
- A chaira da Depresión de Antequera
- Os montes e as serras
- As zonas de chaira
A maior parte do territorio esténdese sobre a chaira, área fértil onde concéntranse os cultivos de regadío e aséntanse a maioría dos centros urbanos municipais, incluíndo ao núcleo principal.
O conxunto de serras sub béticas que conforma a Cordilleira Antequerana, de litoloxía calcaria, constitúe unha gran barreira entre a depresión e o litoral da provincia. Esta cadea montañosa caracterízase pola ausencia de masas forestais e aproveitamentos agrícolas, debido ao seu carácter rochoso e xeografía abrupta. Están ocupadas por matogueira e monte baixo e un reducido número de cortixos e pequenos núcleos rurais.
As zonas de campeiros localízanse entre as beiras da vega e os montes, así como na vertiente sur da Cordilleira Antequerana. Son espácios de topografía suave, con pequenas lomas e ocupados por cultivos de seca, sobre todo olivar e cereais, e con algúns asentamentos urbanos.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación en 2011 segundo o INE era de 41.854 habitantes. Antequera é o noveno municipio da provincia de Málaga por poboación e o primeiro do interior. A densidade de poboación é de 55,85 hab/km². A maior densidade de poboación é a do casco antigo, centro da cidade. O resto dos habitantes concéntranse en pedanías, cortixos e viviendas rurais.

| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 31.609 | 32.336 | 31.526 | 32.974 | 37.531 | 43.334 | 42.327 | 40.908 | 35.171 | 38.827 | 40.598 | 45.234 | 41.854 |
