Borrasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Borrasca situada na costa sueste de Islandia

Unha borrasca ou área da baixa presión é unha zona onde a presión atmosférica é inferior á da rexión circundante. As borrascas asócianse xeralmente con ventos fortes e elevación atmosférica. Aparecen representadas nos mapas de isobaras coa letra "B".

Esta elevación adoita producir ceos cubertos por mor do declive térmico cando o aire se satura, e poden minimizar a temperatura diúrna tanto no verán coma no inverno.

Nos centros de baixas presións os ventos circulan no sentido contrario ás maneciñas do reloxo no hemisferio norte e en sentido contrario no hemisferio sur (efecto de Coriolis), converxendo nas proximidades do centro de baixa presión. As borrascas son depresións de moita menos extensión que os anticiclóns fixos e son case sempre móbiles, trasladándose de oeste a leste.

Formación[editar | editar a fonte]

Prodúcense cando existe unha masa de aire pouco denso (cálido e/ou húmido) en contacto coa superficie terrestre que comeza a elevarse empuxada por unhas correntes térmicas ascendentes. Como consecuencia da elevación, no lugar que previamente ocupaba a masa, créase un baleiro no que o aire pesa menos (ten menos presión). Daquela, o aire frío dos arredores móvese orixinando un vento que sopra dende o exterior cara ó centro da borrasca.

Tipos[editar | editar a fonte]

  1. As borrascas extratropicais ou borrascas ondulatorias, chamadas así por deberse a ondulacións das frontes polares.
  2. As depresións térmicas, debidas ao quecemento do solo e que non teñen frontes.
  3. Os ciclóns tropicais que se forman en latitudes baixas.

A fricción do vento coa superficie da terra ten dous efectos:

  • Redución da forza do vento.
  • Inclinación de 10 a 20 graos respecto ás isobaras cara dentro do centro das baixas presións.

Manifestacións[editar | editar a fonte]

  • Tornado - É un violento remuíño de aire que xira en sentido contrario ás agullas do reloxo. A diminución de presión no interior é tan grande que orixina enormres gradientes de presión, que se compensan coa forza centrífuga e fan xirar os ventos a tal velocidade que crean unha especie de baleiro que se compensa con correntes ascendentes de aire. A estación da súa maior frecuencia é no verán.
  • Trombas mariñas - Son tornados no mar, aínda que moito menos violentos. Para a súa formación abonda con dúas masas de aire, unha fría e outra quente, con suficiente contraste de temperatura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]