Valverde de Mérida
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Estremadura | |||
| Provincia | Provincia de Badaxoz | |||
| Capital | Valverde de Mérida | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.002 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 52,7 km² | |||
| Altitude | 267 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 06890 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 06145 | |||
| Sitio web | valverdedemerida.es | |||
Valverde de Mérida é un concello da provincia de Badaxoz, na Comunidade Autónoma de Estremadura (España). En 2007 a súa poboación era de 1.159 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado a menos de 10 km ao leste da cidade de Mérida, nunha grande curva do río Guadiana, entre Las Vegas Altas e Las Vegas Bajas. O territorio municipal ocupa unha área de 52 kn2. As coordenadas xeográficas son 38° 54′ 0″ N e 6° 13′ 0″ W.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía está baseada na agricultura e a gandería: Debido á fertilidade das súas terras é unha zona próspera.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Hai indicios prerromanos na zona, de polo menos un petróglifo con forma de pegada de animal, que os valverdeños denominan 'la pisá la vaca'. En canto a restos romanos, hai algunhas villae (casas romanas de descanso e labranza) e máis un encoro de orixe romana, pequeno, máis modélico no que atinxe á súa estrutura, coas diversas partes ben recoñecíbeis. Fican aínda restos, moi minguados, dunha ermida visigoda, en Ureña, paraxe que deu nome á veciña localidade de Guareña.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]En canto a monumentos, o que máis atención chama é a súa igrexa parroquial, de "estilo sevillano" ou andaluz, como proba o seu campanario, con azulexos vistosos. O seu grande tamaño non concorda co da localidade.
Está consagrada a Santa Mariña de Augas Santas, mártir galega.
