Río Matachel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matachel
O Matachel desde o castelo de Alanje
PaísEspaña
NacementoCortijo del Bruto
Lonxitude124 km
Conca2.546 km²
DesembocaduraRío Guadiana
Localización do Matachel entre os afluentes do Guadiana.

O Matachel é un río estremeño, afluente do Guadiana, no cal verte as súas augas despois de 124 km de percorrido. Salienta pola súa gran conca hidrográfica, que representa un 3,8 % do total da do Guadiana.

Curso[editar | editar a fonte]

O Matachel nace na Serra Morena a 598 m de altitude, en Cortijo del Bruto, cerca de Azuaga, sendo a dirección xeral do seu percorrido lixeiramente SL-NO. O seu curso trancorre integramente na provincia de Badaxoz, na cal divide pola metade a comarca da Terra de Barros, na que conforma a principal corrente fluvial. No seu tramo final, o curso está regulado polos encoros de Alanje e Los Molinos. Desemboca nas proximidades das localidades de Don Álvaro e La Zarza, relativamente próximas a Mérida, a capital extremeña, a unha altura de 205 msnm. O caudal medio anual do río é de 99 hm³ (medición na presa de Los Molinos.

A conca do Matachel é de escaso desnivel, o que orixina un percurso e unha drenaxe sinuosa e densa, na que participan numerosos regatos estacionais. O clima mediterráneo, propio da zona marca grandes deferencias estacionais no seu caudal, até ser practicamente testemuñal no verán.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os tributarios do Matachel son, en boa parte, regos estacionais. Salientan:

  • Pola marxe esquerda:
    • Bonhabal,
    • Retín, o máis logo dos afluentes, que conta como subafluente a Rivera de Usagre.
  • Pola beira dereita:
    • San Juan co Palomillas.

Fauna[editar | editar a fonte]

Nas súas augas dáse o Anaecypris hispanica (en castelán jarabugo), endémico no Guadiana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Confederación hidrográfica do Guadiana (en castelán).