Táliga
Táliga (en portugués: Talega) é un concello español da provincia de Badaxoz, na comunidade autónoma da Estremadura, cunha área 31,42 km² e unha poboación de 791 habitantes (2007). A súa densidade poboacional era de 22,66 hab/km². Os seus habitantes son denominados taligueños.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Táliga forma parte da comarca da Terra de Olivenza, no suroeste da provincia, na zona máis baixa de Extremadura, pois a altura media do concello é de 296 m.s.n.m. Dista 42 km da capital provincial.
Historia[editar | editar a fonte]
Este municipio constituía aínda en 1801 unha freguesía do concello portugués de Olivença co nome de Nossa Senhora da Assunção de Talega ou Táliga (Nuestra Señora de la Asunción de Táliga, en castelán). Deixou de formar parte do xa concello español de Olivenza preto de 1850 e os seus primeiros rexistros municipais datan de 1871.
Idioma[editar | editar a fonte]
O portugués oliventino case xa non se fala.[1]