Montes de Toledo
| Tipo | cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Meseta Sur | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de Toledo, España, provincia de Cidade Real, España, Castela-A Mancha, España e Estremadura, España | |||
| ||||
| Composto por | Sierra de Altamira (en) Sierra de San Pedro (en) Sierra de Montánchez (en) Sierra de Villuercas (en) Serra de São Mamede (pt) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.603 m | |||
| Dimensións | 100 ( | |||
| Punto máis alto | La Villuerca (en) | |||
| Material ou ingrediente | rocha sedimentaria | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Período | Terciário (pt) | |||
Os montes de Toledo son unha formación orográfica sita na Península Ibérica, que separan a conca do Texo da do Guadiana. Constitúen ademais o linde setentrional da Mancha. Algúns autores coidan que este cordal se prolonga en Portugal a través da serra de San Mamede[1].
Os montes de Toledo dan nome a unha comarca da provincia de Toledo e a outra da provincia de Cidade Real, que son confinantes.
Dimensións
[editar | editar a fonte]Teñen unha lonxitude máxima de leste a oeste duns 350 km e un ancho medio duns 50 km máximo (o ancho máximo alcanza arredor de 100 km nas proximidades de Sonseca e Puertollano). A súa cimeira sitúase na serra de Guadalupe, onde se ergue a Villuerca Alta que chega a unha altura de 1.603 m.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia alpina, pero a diferenza do Sistema Central, non están formados por bloques levantados e afundidos, senón que son un relevo apalachense, posto a descuberto pola intensa erosión que afectou a zona logo da oroxenia. Son, pois, crestóns cuarcíticos dunha altura uniforme, de arredor dos 1.400 metros, que non foron afectados pola erosión glacial.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Os montes de Toledo son un foco de dispersión hidrográfica menor, do que parten ríos como o río Algodor (95 km de longo e 1250 km² de conca) ou o Almonte ambos afluentes do Tahu pola esquerda e o río Amarguillo, tributario do Guadiana pola dereita.
Protección ambiental
[editar | editar a fonte]Na área dos montes de Toledo inclúese a paraxe protexida do Parque Nacional de Cabañeros. Pero tamén existen algúns outros elementos paisaxísticos destacábeis nestes montes: os numerosos canchais.

.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilá Valentí, Juan, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páx. 57
