Xosé Fariña Jamardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Fariña Jamardo»)
Infotaula de personaXosé Fariña Jamardo
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1919 Editar o valor em Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor em Wikidata
Morte2008 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1142 Dialnet: 558368

Xosé Fariña Jamardo, nado en Caldas de Reis o 26 de abril de 1919 e finado en Madrid o 19 de agosto de 2008, foi un escritor galego. Experto en Administración Local, exerceu como Secretario Xeral en varios concellos e na Deputación de Pontevedra. Publicou numerosos artigos sobre temas literarios e de administración local na prensa de Madrid e de Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil española loitou co bando nacional en varios destinos, entre eles Madrid. Rematou estudos de Dereito e doutorouse con sobresaliente cum laude na Universidade Complutense de Madrid, e obtivo a diplomatura en Administración Local. Foi mestre un breve tempo en Xixón, até que obtivo praza de Secretario de Administración Local. Exerceu como tal nos concellos de Vila de Cruces, O Carballiño, Cáceres, Corral de Almaguer, Xetafe e a Deputación de Pontevedra, onde se xubilou.[2]

No Carballiño exerceu como secretario do Concello entre os anos 1949 e 1959 e promoveu os encontros Tasca e Literatura, a primeira guía turística da vila ou o Boletín de Información Municipal.[3]

No eido da empresa privada, foi durante dez anos director administrativo en Madrid da empresa Barreiros Diésel e despois de Chrysler España.

Cando se constituíu o Parlamento de Galicia foi designado Oficial Maior, e despois pasou a ser asesor. Foi membro correspondente da Real Academia Española da Historia, e Fillo Adoptivo e Cronista Oficial do municipio de Xetafe.[4]

Foi secretario e despois presidente do Colexio Nacional de Secretarios, Interventores e Depositarios de España. Tempo atrás fora Vicepresidente do de Ourense e Presidente do de Madrid. Foi tamén profesor e xefe de estudos do Instituto Nacional de Administración Local, así como membro numerario do Instituto de Estudios de Administración Local.[5]

Estivo casado coa mestra María Elena Tojo Barreiro.[5]

Usou os pesudónimos Freitoso, Montemar, Chis-pum.[6]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Carballiño. Poemas ó xeito vello pra unha vila nova (1957). Edición do autor.
  • Coa alma espida (2003). Deputación de Pontevedra.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A personalidade da parroquia galega (1976). SEPT.
  • Concellos abertos na Limia (1982). Xunta de Galicia.
  • Os Concellos galegos. Parte Especial (1983).
  • A Deputacion de Pontevedra: 1836-1986 (1986).
  • O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra (1987). Deputación de Pontevedra.
  • Os concellos galegos (1991). Fundación Barrié.
  • Os Concellos galegos. Parte xeral (1991).
  • A parroquia rural en Galicia (1996).
  • Nacemento, evolucion e desenrolo dos concellos pontevedreses (1998).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A Deputación de Pontevedra, 1836-1986 (1986). Deputación de Pontevedra. Con Miguel Pereira Figueroa.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Señor Secretario (1955). Premio Certamen de novela.
  • Historias de La Brea: novela (1964). :Madrid: Pozueta.
  • Pepiño (1966). Escrita en 1957. Madrid: Delmo-Libros
  • La balada del Wolfram (1977). Madrid: E.M.S.A.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Instrucciones a los alcaldes de barrio y celadores para el mejor desempeño de su función (1948).
  • Guía de Carballino (1961).
  • Mosaico municipal (1961).
  • A flor de piel (1969).
  • La parroquia rural en Galicia (1975). Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local.
  • La vida municipal es así (1976). Madrid: Municipalia.
  • El Getafe del siglo XVI (1978).
  • Agonía y muerte del municipio rural (1977).
  • El hábitat gallego (1981). Deputación da Coruña.
  • La población de Getafe (1981).
  • La entidad local menor y su proyección en Galicia (1985)
  • El pequeño mundo de la vida local (1986). Deputación de Pontevedra.
  • La Diputación de Pontevedra: 1836-1986 (1986).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Concurso de Novela en Galego do Centro Galego de Buenos Aires no 1970, por O mesón do birollo.
  • Premio Otero Pedrayo en 1982.
  • Premio Especial de Investigación da Deputación de Pontevedra no 1986, por O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. galeguizargalicia. "Homenaxe a Xosé Fariña Jamardo Galeguizar Galicia". Consultado o 2022-02-03. 
  2. "Xosé Fariña Jamardo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-02-03. 
  3. 3,0 3,1 "O Carballiño publica unha edición facsímile con dúas das obras de Xosé Fariña Jamardo, ex secretario do Concello". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-05. Consultado o 2022-02-03. 
  4. "José Fariña Jamardo". museo.getafe.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-03. 
  5. 5,0 5,1 Caldas, Redacción (2019-06-08). "Caldas homenajea a Fariña Jamardo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-02-03. 
  6. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:f". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]