Casahamlet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Casahamlet[1] foi un estudio de teatro nado na cidade da Coruña en 1998 fundado por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Á súa vez, créase unha compañía de teatro profesional (Compañía Casahamlet) e unha revista (Casahamlet, revista de teatro[2]). Esta última, imprímese na Imprenta Provincial da Coruña.[3]

Casahamlet revista de teatro
Formato de páxinaA4 (30 cm)
Nº de páxinas100 aprox.
Fundación1999
Remata2012
FundadorManuel Lourenzo e Santiago Fernández
LinguaGalego
LocalidadeA Coruña
ÁmbitoTeatro
PeriodicidadeAnual (maio)
Na rede
Web

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

Ante a necesidade de formación de novos actores, Casahamlet orixinouse nun primeiro momento como unha asociación do teatro e outras artes relacionadas (fotografía, cinema, radio, televisión…). Outro dos obxectivos que presenta é a lonxevidade da que pretende dotar as publicacións para que así perduren no tempo. Porén, tamén emprenderon diversos proxectos enfocados a diferentes ángulos: literatura, produción, realización, dirección, interpretación, mundo plástico e sonoro etc. Como consecuencia, en 1999 a compañía creou unha revista de teatro co obxectivo de promocionar novos autores galegos. Esta herdou o nome da propia compañía, que a denominou Casahamlet: Revista de teatro. Esta revista non soamente é un espazo para a publicación de obras, senón que tamén dá lugar a outros apartados estruturándose así cada publicación nunha primeira parte dedicada ao estudo teórico das diferentes artes relacionadas co teatro como pode ser o cinema, a radio, ou o audiovisual. A segunda parte da revista proxéctase como un apartado orientado á creación propia, mentres que o último apartado trataríase dun espazo exclusivamente de documentación do contido teórico e das artes no ámbito galego.

Tanto a compañía como a revista atribuíronlle un valor ao campo audiovisual de Galiza sendo un dos iniciadores máis importantes do cinema e do teatro galego.

Alén de Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, o proxecto foi secundado por Euloxio Ruibal, Xesús Pisón, Gustavo Pernas Cora, Roberto Salgueiro, Raúl Dans etc.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos catorce números, publicaron na revista numerosos autores entre os cales destacan pola súa reiterada participación: Manuel Lourenzo, João Guisan, Xesús Pisón, Raúl Dans, Gustavo Pernas Cora, Euloxio R. Ruibal, Roberto Salgueiro, Luísa Villalta, Henrique Rabuñal Corgo, Roberto Vidal Bolaño, Isaac Ferreira, Chus Pato, Jacobo Paz, Marcos Abalde, Eva F. Ferreira, Xavier Lama.

Alén dos creadores, a revista está composta por outros piares:

Directores

Desde a primeira publicación até a novena: director Francisco Pillado Mayor

Desde a décima publicación até a décimo cuarta: Isaac Ferreira

Consello de redacción

Santiago Fernández, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón.

Deseño

Miguelanxo Varela

Consello científico (a partir do nº10)

Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Cilha Lourenço, Jacobo Paz e Xesús Pisón

Ilustración

Xosé Luis de Dios, Perfecto A. Estévez, Manuel Lourenzo, Aurichu Pereira, Ana Pillado Vega, Xesús Pisón, Blanca Silva, Miguelanxo Varela.

Capa Contracapa
Francisco Pillado González -
Isaac Díaz Ferreira -
Xosé Luis de Dios -
Francisco Pérez Porto -
Miguelanxo Varela -
Xesús Pisón -
Xosé Blanco -
Xesús Pisón -
Luz Pozo Garza Reimundo Patiño
Xesús Pisón Xesús Pisón
Rodrigo Roel Rodrigo Roel
Rodrigo Roel Rodrigo Roel
Aurichu Pereira Aurichu Pereira

Ámbitos[editar | editar a fonte]

Alén de publicar a revista anual, representan obras teatrais profesionais, algúns membros da compañía como Gloria Rico, Chus Álvarez ou Cilha Lourenço imparten cursos, nos cales se traballa a expresión oral e a corporal, interpretación e improvisación ou divulgación de material informativo, así como programas ou publicacións.

Características[editar | editar a fonte]

Casahamlet naceu como a única revista teatral en galego xunto coa revista RGT. Iniciouse principalmente para a investigación e difusión do teatro galego, así como para dar a coñecer autores galegos e promover novos creadores, que tras aparecer nesta revista, gran parte acadaron certa importancia nos anos posteriores.

As obras teatrais publicadas nesta revista caracterízanse por seren na súa maioría teatro galego contemporáneo. Boa parte desta produción créase baixo a autoría do propio Manuel Lourenzo, mais tamén se importan traballos de autores internacionais tales como Heidi Kühn-Bode ou Carlo Goldoni.

As creacións expostas na revista presentan un mínimo movemento escénico, sen grandes adornos ou escenarios, atribuíndolle maior importancia ao actor ou actriz, ao texto e á lingua.

Traballos[editar | editar a fonte]

A seguir, na seguinte tabela móstranse os 14 números publicados da revista co seu respectivo título e o ano de publicación ademais dos autores que participaron en cada número coa súa correspondente obra:

Número Título Ano Autores/as Obras
1 "Especial Hamlet" 1999 João Guisan
Manuel Lourenzo
Xavier Picallo
Xesús Pisón
Henrique Rabuñal
Luísa Villalta
Teatro instantáneo
Falta Hamlet
Hamlet kit kat
Quero ser Hamlet, O cuarto de Ofelia
Amleth, voz e verbo
As certezas de Ofelia
2 "Teatro Galego na Coruña" 2000 María Pilar García
Henrique Rabuñal
Noemí Pazó
Iolanda Orgando
Xesús Pisón
Raúl Dans
Xosé Manuel García García
Jenaro Mariña del Valle
Xosé Luís Martínez Pereiro
Paulino Pereiro
Manoel Riveiro Loureiro
Os cadernos da compañía de teatro de Luís Seoane da Coruña
Lar
Os libros da Biblioteca-Arquivo Teatral Fancisco Pillado Mayor
Pequeno formato para un grande proxecto: os Cadernos da Escola Dramática Galega
Tres coleccións
Algo gracioso
O maldito escocés
Nascerá unha estrela
Panexírico da lapa
A representación. Drama en catro cadros
O ensaio
3 "María Casares" 2001 Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Miguel Anxo Fernán-Vello O can, o libro e o espello. Misterio Charentés
4 "As paisaxes do drama" 2002 Daniel Cortezón
Raúl Dans
Miguel Anxo Fernán-Vello
João Guisan Seixas
Manuel Lourenzo
Manuel María
Xoán Carlos Mexuto
Gustavo Pernas Cora
Xesús Pisón
Euloxio R. Ruibal
Roberto Salgueiro
Roberto Vidal Bolaño
As escaleiras mecánicas
Día da festa
Palabras na néboa dun xornalista
As incertezas de Scotti, comédia filosófica
Eclipses (fragmentos)
Auto do alugado ou o encanto de Raboces
Unha misión humanitária
A vella sensación do prohibido, peza pintoresca e pinteriana
Serpe
Mariola, cronoxogo diédrico
Poema dramático con cinco acotacións
A increpación (Cinco variacións improbables arredor dun mesmo e brután maldicir)
5 "Monólogos" 2003 Isaac Ferreira
Xavier Lama
Gustavo Pernas Cora
Xesús Pisón
Dique de abrigo
Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra)
De linces e vagalumes
Parade de respirar
6 "Dramaturgos" 2004 Xabier Abalo
Raúl Dans
Lois Diéguez
Isaac Ferreira
Xosé Manuel García
João Guisan Seixas
Xavier Lama
Manuel Lourenzo
Xoán Carlos Mexuto
Chus Pato
Jacobo Paz
Gustavo Pernas Cora
Xesús Pisón
Henrique Rabuñal
Euloxio R. Ruibal
Roberto Salgueiro
Carme Sotelo
Natalia Sueiro
Monólogos impresionistas
O señor das tebras
Solpores
In extremis
Lieder de beleza e morte
Monólogo de homem invisível
Congreso clandestino contra a beleza comprada. Textos da extirpación
Liturxia de Tebas
A boneca de trapo
A miña confianza non é soluble
Nai
Mentres falo contigo. Monólogo para unha muller nun paso de cebra
Fórmula para a criatura
O vento da morte
A escoita
194
Longa noite de agonía
Monólogos
7 "A cidade" 2005 Raúl Dans
Isaac Ferreira
Xavier Lama
Antón Lopo
Manuel Lourenzo
Jacobo Paz
Gustavo Pernas Cora
Xavier Picallo
Xesús Pisón
Henrique Rabuñal
Euloxio R. Ruibal
Roberto Salgueiro
Parque central
O pavillón das cinzas
A Cidade das Máscaras
A ruína de Palmira
Música nocturna
Suicidio, S.A.
Caníbales na cidade
O porqué do por qué. Diálogos interruptus ou por qué deixamos de preguntar ó medrar
Nocturno do Orzán
O Miradoiro
Vertixe
Parque nunha cidade
8 "Teatro Histórico" 2006 Raúl Dans
Miguel Anxo Fernán-Vello
Isaac Ferreira
Daniel D. García
João Guisan Seixas
Xavier Lama
Antón Lopo
Manuel Lourenzo
Jacobo Paz
Cándido Pazó
Gustavo Pernas Cora
Henrique Rabuñal
Manoel Riveiro Loureiro
Javier Seijas
A nena dos pés espidos
A estrela perdida do teatro (monólogo rosaliano)
O cerco de Vilanova
Prisioneiro de Luna
Cogito, ergo fui (comédia filosófica e drama informático para teatro cinematográfico sem rigor histórico)
Lago Ludwig (xoguete dramático con cisnes negros)
Rata-tatatán
Frouseira
F2
Reconquista. Pinceladas para un boceto
As pílulas do dr. Negrín
Catástrofe
Azarola. Verdadeiro drama histórico no século XX da nosa era, que se desenvolve en cinco actos de moi pouco durar
As cinco moas de Adolf
9 "Amor" 2007 Marcos Abalde
Xabier Abalo
Xose María Álvarez Cáccamo
Afonso Becerra de Becerreá
Yolanda Castaño
Raúl Dans
Eva F. Ferreira
Isaac Ferreira
João Guisan Freixas
Heidi Kühn-Bode
Xavier Lama
Manuel Lourenzo
Xosé Luís Martínez Pereiro
Begoña Muñoz Saá
Juan de Oliveira
Jacobo Paz
Gustavo Pernas Cora
Xesús Pisón
Henrique Rabuñal
Manoel Riveiro Loureiro
Euloxio R. Ruibal
Vitor Vaqueiro
Roi Vidal
Eugenesia (Paisagem humana com rã ao fundo)
O trapecio do amor
Soidades de amor que non chega
Unha rosa entre as pernas
Aténdeme
Petite fleur
Ela que come formigas
A navalla
Louvor do Desamor
As bágoas de Luise Thermann
A noite das sereas comestibles (Serie do Teatro Imposible)
Diálogo coa morta no día do seu funeral
Ovideo en compota
Antes de Medea
Crédito
Raíña Cadáver
Elevador 05
A túa boneca
Amor móbil
O Pau
Ars amandi
Monólogo sen título
Xulieta's black hole (farsa de velocidade interestelar)
10 "Teatro fantástico" 2008 Marica Campo
María do Cebreiro
Raúl Dans
Isaac Ferreira
Xosé Manuel García García
Teresa González Costa
Manuel Lourenzo
Zé Paredes
Olga Patiño
Jacobo Paz
Olivia Pena
Gustavo Pernas Cora
Luz Pozo Garza
Henrique Rabuñal
Euloxio R. Ruibal
Monólogo dunha Xacia
No Land
Un conto de Nadal
O Pozo do Encanto
Co seu arume harpado
Disolutos
Lavandeira da noite
Post-Mortem
Mulleres fronte ao espello
Lugares inhóspitos
Verónika penitente
Detrás da noticia
Pálpito ( a dúas voces)
Luscofusco
Mamá Fedra
11 "O teatro de Xesús Pisón" 2009 Xesús Pisón A Vía Láctea
Os ollos
Animal/Vacío
12 "Personaxes" 2010 Marcos Abalde Covelo
Eva F. Fereira
Teresa González Costa
Carlos Labraña
Manuel Lourenzo
Jacobo Paz
Olivia Pena
Gustavo Pernas Cora
Xesús Pisón
Rubén Ruibal
Roi Vidal
Liturgia de Jerusalém
Servizos
Nulla dies sine linea (Jaques Le Fataliste, de Denis Diderot
Peter Pan no cabo do mundo
A muller da xanela (Dexanira)
Azrael
Absolut Wondrland: Fantasía macerada nunha botella de wodka
Mala estrela
Peza de Frankenstein
Venecia é un espello
Vampira
13 "Cunqueiro" 2011 Marcos Abalde Covelo
Tucho Calvo
Santiago Cortegoso
Eva F. Ferreira
Xosé Manuel García García
Manuel Lourenzo
Olivia Pena
Gustavo Pernas Cora
Henrique Rabuñal
Rubén Ruibal
Vanesa Sotelo
Roi Vidal
Welcome to Lampedusa
O Gatipedro
Atención continuada
Isto non é Dinamarca
A frieza dos homes da brétema (Epílogo tropical para Gerda e Hamlet)
Á sombra das carbas
Noivado de lúa (e vento)
Comodín de Miranda
Con Cunqueiro no Paraíso
O que pasou pola cabeza do "Vagabundo tocador de laúde que non espertará en toda a peza" da Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados....
Naufraxia
KinderTotenFuga (Poema dramático contra o paso do tempo)
14 "Teatro e Audiovisual" 2012 Marcos Abalde Covelo
Santiago Cortegoso
Raúl Dans
Eva F. Ferreira
Xosé Manuel García García
Teresa González Costa
Manuel Lourenzo
Jacobo Paz
Olivia Pena
Gustavo Pernas Cora
Rubén Ruibal
Roi Vidal
As ratazanas sonham com a Irlanda
Fondos propios
Ondada
Sen título. Instalación audiovisual para dúas actrices sobre fondo branco
Un sudario para Ulises (Mnesterophonia)
Breve adaptación teatral do filme Bunker Palace Hotel, de Enki Bilal
Unha fruta, un can
Obituario
Se Martín Machado coñecese a Norman Bates
Johnny Guitar cabalga de novo
Galería
O experimento

https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=6126[4]

Espectáculos

A maior parte das representacións teatrais enfocadas a un público xuvenil son de creación propia.

O soño das cidades (1999) Manuel Lourenzo

O xardín dos contos (2000) Manuel Lourenzo e Pedro Rubín

Mamasiña, que medo (2005) Chus Pereiro

Animaliños (2006) Roberto Vidal Bolaño

Porén, os espectáculos dirixidos a un público máis adulto destacan por seren adaptacións.

Plenilunio (1998) Chus Pato

O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (2000) Cunqueiro

Hamlet e familia (2001) Cunqueiro, Shakespeare e Müller

Fidalgo (2011) Ramón Otero Pedrayo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CasaHamlet". blogdecasahamlet.blogspot.com.es. Consultado o 2018-04-30. 
  2. Isaac Ferreira. "Dez anos de Casahamlet" (PDF). Consultado o 30/04/18. 
  3. Casahamlet: revista de teatro. A Coruña: Casahamlet. 1999. 
  4. "Dialnet". dialnet.unirioja.es. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Revista Casahamlet, Casahamlet (1999). Especial Hamlet. A Coruña. 
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2000). Teatro Galego na Coruña. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2001). María Casares. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2002). As paisaxes do drama. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2003). Monólogos. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2004). Dramaturgos. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2005). A cidade. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2006). Teatro Histórico. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2007). Amor. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2008). Teatro fantástico. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2009). O teatro de Xesús Pisón. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2010). Personaxes. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2011). Cunqueiro. A Coruña
  • Revista Casahamlet, Casahamlet (2012). Teatro e Audiovisual. A Coruña
  • Ferreira, Isaac (2008). Dez anos de Casahamlet. A Coruña. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]