Emilio Duro Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Duro Peña
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata
Froufe, España Editar o valor em Wikidata
Morte1995 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquiveiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Duro Peña, nado en Froufe (O Irixo) o 6 de xuño de 1919 e finado en Ourense en 1995, foi un sacerdote e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a carreira eclesiástica no seminario de San Francisco de Ourense e ampliou estudos de teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas pensionado pola diocese. Desenvolveu o seu labor sacerdotal nas parroquias de Santa Mariña da Cidá (O Irixo) e Santa María de Melias (O Pereiro de Aguiar). Foi profesor das cátedras de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Ourense, secretario de estudos e bibliotecario. Durante o seu período de docencia escribiu Adnotationes Criticae (1948). En 1951 foi nomeado cóengo arquiveiro da catedral de Ourense. En 1972 foi o primeiro director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Estudios Medievales, Archivos Leoneses, Compostellanum, Cuadernos de Estudios Gallegos e Hispania Sacra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, 1972.
  • Catálogo dos documentos privados en pergamino del archivo de la catedral de Orense (888-1554), 1973.
  • El monasterio de San Esteban de Rivas de Sil, 1977.
  • La música en la catedral de Santiago, 1996 (Premio Otero Pedrayo 1988).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]