Five Finger Death Punch

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Five Finger Death Punch
OrixeLas Vegas, Nevada,
PeríodoDende 2005
Xénero(s)Groove metal, Heavy metal, Hard rock, Metal alternativo[1][2][3]
Selo(s) discográfico(s)Firm/EMI, Prospect Park, Spinefarm/Universal
MembrosZoltan Bathory
Jason Hook
Chris Kael
Ivan Moody
Jeremy Spencer
Antigos membrosCaleb Bingham
Darrell Roberts
Matt Snell
Artistas relacionadosU.P.O., Motograter, In This Moment, Ghost Machine
Na rede
www.fivefingerdeathpunch.com
IMDB: nm4038010 Facebook: fivefingerdeathpunch Twitter: FFDP Instagram: 5fdp MySpace: ffdp Youtube: UCQjw3b3Ay5zMmEHUAxL93Rw TikTok: fivefingerdeathpunch Souncloud: five-finger-death-punch-official Spotify: 5t28BP42x2axFnqOOMg3CM iTunes: 258875116 Last fm: Five+Finger+Death+Punch Musicbrainz: 7e8571b1-7c5a-4739-bc51-73d422ee9d74 Songkick: 577269 Discogs: 1502727 Allmusic: mn0000640208 Deezer: 158710 Genius: Five-finger-death-punch Editar o valor em Wikidata

Five Finger Death Punch (abreviado FFDP ou 5FDP) é un grupo musical estadounidense de heavy metal formado no 2005 en Las Vegas, Nevada.[4] A formación orixinal do grupo consistía no vocalista Ivan Moody, o guitarrista Zoltan Bathory, o tamén guitarrista Caleb Andrew Bingham, o baixista Matt Snell e o batería Jeremy Spencer. Darrell Roberts substituíu a Bingham no ano 2006, e á súa vez foi substituído por Jason Hook en 2009. Matt Snell deixou o grupo no 2010,[5] e foi substituído por Chris Kael no 2011.

Os seus dous primeiros álbums, The Way of the Fist no 2007 e War Is the Answer no 2009, venderon máis de 500 000 copias nos Estados Unidos, sendo ámbolos dous certificados como discos de ouro pola RIAA.[6] O terceiro álbum do grupo, titulado American Capitalist, saíu ao mercado o 11 de outubro do 2011, acadando a certificación de ouro no seu primeiro ano á venda. O grupo ten participado en varios festivais internacionais de música ao longo da súa carreira, como o Mayhem Festival en 2008, 2010 e 2013; o Download Festival en 2009, 2010 e 2013; ou o Resurrection Fest en 2014.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e The Way of the Fist (2005–09)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: The Way of the Fist.

O grupo fundouse no 2005 polo anteriormente baixista do grupo U.P.O., Zoltan Bathory,[4] e o batería Jeremy Spencer. O nome do grupo está inspirado nos filmes de artes marciais clásicos.[8] Matt Snell e Ivan Moody, antigo vocalista de Motograter, uníronse a eles no 2006,[9] e o grupo comezou a gravar os seus primeiros temas de estudio.

A gravación do seu primeiro álbum The Way of the Fist rematou a finais do 2006, producido na súa totalidade por eles mesmos con axuda nas mesturas por parte de Logan Mader.[10] Darrell Roberts uniuse a eles nese mesmo ano,[11] e o grupo firmou un contrato con Firm Music.[12] O 10 de xullo de 2007 lanzaron o EP Pre-Emptive Strike exclusivamente a través de iTunes Store para Norteamérica.[13]

O primeiro sinxelo do álbum, The Bleeding, foi lanzado o 13 de xullo de 2007,[14] e posteriormente o álbum completo The Way of the Fist saíu á venda o 31 de xullo de 2007, entrando na lista Billboard 200 no posto 199 e conseguindo a certificación de ouro da RIAA en 2011.[6]

Jason Hook, guitarrista do grupo dende 2009.

Entre xullo e setembro do 2007 o grupo participou na súa primeira gran xira como abreconcertos de Korn no Family Values Tour.[15] Tamén formaron parte do Bitch We Have a Problem Tour dende setembro a outubro do mesmo ano.[15] O grupo cancelou posteriormente unha xira planeada xunto a Chimaira e All That Remains dende xaneiro a marzo do 2008 pola a aparición de quistes nas cordas vocais do cantante Ivan Moody.[16] Trala súa recuperación comezaron a saír de xira de novo,[17] sendo abreconcertos de Disturbed na súa xira de promoción do disco Indestructible polos Estado Unidos dende abril a maio do 2008.[18]

The Way of the Fist foi reeditado o 13 de maio de 2008 con 3 novos temas engadidos,[19] sendo un destes novos temas adicionais Never Enough, o segundo sinxelo do álbum, publicado o 15 de xullo de 2008. Ese mesmo ano o grupo tomou parte no Mayhem Festival, e publicaron o seu terceiro sinxelo, Stranger Than Fiction, o 17 de setembro de 2008.

The Way of the Fist foi publicado a través do selo Spinefarm Records no Canadá o 4 de novembro do 2008,[20] i en Europa o 19 de xaneiro do 2009.[21] Darrell Roberts saíu do grupo en 2009[22] e foi substituído polo guitarrista Jason Hook.[23] A última xira de promoción do seu primeiro álbum rematou nun concerto no escenario principal do Download Festival no 2009.[24]

War Is the Answer (2009–10)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: War Is the Answer.
Ivan Moody no "Rock on the Range" en Columbus, Ohio.

War Is the Answer anunciouse como o segundo álbum de estudio do grupo en maio de 2009.[25] O álbum foi producido por Kevin Churko e editado por Randy Staub,[26] debutando no número 7 da Billboard 200[27] e foi certificado disco de ouro pola RIAA.[6] O primeiro sinxelo deste álbum, "Hard to See", foi publicado o 21 de xullo de 2009.[28]

Para promocinar o disco, Five Finger Death Punch liderou a xira "The Shock and Raw" polos Estados Unidos, co apoio dos grupos Shadows Fall, Otep e 2Cents. Ao finalizar trasladáronse a Europa para continuar coa xira, de novo con Shadows Fall como abreconcertos ademais de Rise To Remain e Magnacult.[29]

Zoltan Bathory en 2012.

O segundo sinxelo do disco War Is the Answer, "Walk Away", foi publicado o 2 de novembro de 2009. Tamén se publicaron dous sinxelos só no Reino Unido, "Dying Breed" o 16 de novembro de 2009,[30] e "No One Gets Left Behind" o 8 de marzo de 2010.[31]

Five Finger Death Punch actuou no escenario principal do Download Festival o 12 de xuño de 2010[32] e no escenario principal do Mayhem Festival xunto a Korn, Rob Zombie e Lamb of God do 10 de xullo ata o 14 de agosto de 2010.[33] O 17 de agosto de 2010 tocaron os temas "Bad Company" e "Hard to See" no programa Jimmy Kimmel Live! da ABC.[34]

O 16 de setembro de 2010 publicouse o sexto sinxelo do disco, "Far from Home".[35] Actuaron xunto a Godsmack na xira "The Oracle 2010" dende o 3 de outubro ata o 4 de novembro de 2010.[36][37] O tema "Dying Breed" formou parte da banda sonora orixinal do xogo Splatterhouse de 2010.

American Capitalist (2010–13)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: American Capitalist.

A gravación do terceiro álbum de estudio do grupo, chamado American Capitalist, comezou en novembro de 2010[38] nas Vegas, Nevada, e o álbum publicouse o 11 de outubro de 2011.[39] O álbum foi producido de novo por Kevin Churko.[40]

O baixista Matt Snell deixara o grupo en decembro de 2010[41] e foi substituído en xuño de 2011 por Chris Kael.[42] O primeiro sinxelo do álbum, titulado "Under and Over It", foi publicado o 27 de xullo de 2011,[43] seguido dun vídeo musical do mesmo en setembro de 2011.

A xira "Share the Welt" comezou o 16 de outubro durando ata o 14 de decembro de 2011, na que actuaron xunto a All That Remains, Hatebreed e Rains. Posteriormente iniciaron unha nova xira chamada "Furious and Deadly" dende o 23 de marzo ata o 12 de abril de 2012, xunto a Soulfly, Windowpane, e Persist.[44]

O tema "Back For More" incluíuse na banda sonora do videoxogo Madden NFL 12,[45] e foi publicado como sinxelo en formato de descarga dixital o 13 de setembro de 2011.[46] "Remember Everything" foi o seu segundo sinxelo oficial do álbum, e publicouse en novembro do 2011,[47] seguido dun vídeo musical en febreiro do 2012.[48] "Coming Down" seguiulle como o terceiro sinxelo oficial de American Capitalist en abril de 2012,[49] seguido por un vídeo musical dirixido por Nick Peterson en xuño de 2012.[50] Este tema gañou un premio dos Independent Music Awards en 2013 á mellor canción de Metal/Hardcore.[51]

Dende xullo a agosto do 2012, Five Finger Death Punch formou parte da xira "Trespass America Festival" organizada por Metal Hammer, actuando xunto a grupos como Battlecross, God Forbid, Emmure, Pop Evil, Trivium e Killswitch Engage.[52]

The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell (2013–2015)[editar | editar a fonte]

Jeremy Spencer no 2014.

O 18 de marzo de 2013 o grupo anunciou a súa participación no Mayhem Festival e publicou un vídeo promocional da súa xira que incluía un novo tema, "Here to Die",[53] e o 1 de maio de 2013 anunciaron a publicación de dous novos álbums titulados The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell: Volume 1 programado para a súa publicación o 30 de xullo, e Volume 2 programado para máis tarde ese ano.[54]

O grupo actuou na celebración dos Golden Gods Awards dese ano, tocando un novo tema en colaboración con Rob Halford, de Judas Priest, titulado "Lift Me Up". Este tema sería posteriormente publicado como sinxelo o 14 de maio dese ano.[55]

The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell Volume 1 foi publicado o 30 de xullo de 2013 e acadou o posto número 2 na lista Billboard 200 con 113 000 copias vendidas na súa primeira semana, sendo o mellor rexistro de vendas do grupo na primeira semana de publicación dun álbum ata esa data.[56]

O 9 de setembro de 2013 publicaron o sinxelo "Battle Born" en anticipación do seguinte álbum de estudio, The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 2, que foi finalmente publicado o 19 de novembro de 2013. Este álbum vendeu 77 000 copias na súa primeira semana á venda e acadou o número 2 na lista Billboard 200.[57]

Got Your Six (Dende 2015)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Got Your Six.

O 14 de xaneiro de 2015, Five Finger Death Punch anunciou as datas dunha nova xira polos Estados Unidos do 25 de abril ata o 9 de maio de 2015, e a súa intención de comezar a escribir e gravar un novo álbum de estudio para a súa publicación máis tarde ese mesmo ano.[58] O 2 de maio de 2015 o grupo publicou unha mostra dun novo tema titulado "Ain't My Last Dance" na súa páxina oficial de Facebook, xunto co anuncio do título do que sería o seu seguinte álbum, Got Your Six,[59] afirmando que a data de publicación tentativa sería o 28 de agosto de 2015.[60] Finalmente, a data oficial da súa publicación sería o 4 de setembro de 2015.[61]

O 19 de maio de 2015 o grupo confirmou que realizaría unha xira polos Estados Unidos para promocionar o novo álbum, actuando xunto aos grupos Papa Roach, In This Moment e From Ashes To New.[62][63][64] En febreiro de 2016 durante unha xira xunto a Shinedown, Ivan Moody sufriu unha enfermidade non especificada, polo que foi substituído polo vocalista de All That Remains, Phil Labonte, nos seguintes concertos do grupo.[65] Posteriormente, o 27 de abril de 2016 a revista Billboard informou que o selo discográfico do grupo, Prospect Park, interpuxera unha denuncia ó grupo o 21 de abril dese ano, por non cumprir o seu contrato citando que o grupo comezara a traballar nun novo disco sen a autorización do selo.[66] Xa no 2017, Revolver informou que Ivan Moody declarara nunha entrevista que ía deixar o grupo para centrarse nun novo grupo musical co nome de Villain,[67] ó que o propio Moody respondeu por medio do blog oficial do grupo confirmando que quería crear un grupo paralelo propio mais sen que iso significase a súa saída de Five Finger Death Punch.[68]

Porén, durante un concerto en Tilburg, nos Países Baixos, Moody non chegou a tempo para actuar no primeiro tema, sendo substituído polo cantante Tommy Vext, quen tamén cantou outro tema máis adiante cando Moody marchou do escenario. Durante a actuación tódolos membros do grupo deixaron o escenario en varias ocasións. Moody afirmou que “non hai outro cantante para Five Finger Death Punch”, e posteriormente dixo "este é a miña última actuación con Five Finger Death Punch" facendo un xesto de cortarse a gorxa.[69][70] O día despois desta actuación o grupo anunciou que encabezarían unha xira europea con In Flames e Of Mice And Men a finais de 2017.[71] Tras esta última actuación Ivan Moody ingresou nun centro de rehabilitación ausentándose da xira europea do grupo, sendo substituído de novo por Tommy Vext.[72][73]

Estilo e influencias[editar | editar a fonte]

A súa música adoita clasificarse como heavy metal, hard rock, metal alternativo, groove metal e thrash metal. En 2008, ó pouco de publicarse o seu álbum de estrea, o guitarrista Zoltan Bathory afirmou que o grupo se consideraba maioritariamente heavy metal, con influencias do thrash metal e do metal europeo.[74] No 2014 Bathory declarou de novo que na súa opinión o grupo entraba dentro da categoría do heavy metal, e que os subxéneros restaban "irmandade" e valor ó heavy metal. Porén, tamén indicou que o grupo inspirábase noutros estilos musicais, mais sen nomear ningún concreto.[75]

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais

Antigos membros

  • Caleb Bingham – Guitarra principal, voces (2005-2006)
  • Darrell Roberts – Guitarra principal, voces (2006–2009)
  • Matt Snell – Baixo, voces (2005–2010)


Liña temporal[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Lista de álbums de estudio con posición nas listas de vendas, cifras e certificacións
Título Detalles Posición máis alta na lista Vendas Certificacións
USA
[76]
USA
Hard Rock

[77]
USA
Rock

[78]
AUS
[79]
AUT
[80]
CAN
[81]
FIN
[82]
GER
[83]
SWE
[84]
UK
[85]
The Way of the Fist 107 16 28
War Is the Answer
  • Publicado: 22 de setembro de 2009[90]
  • Selo: Prospect Park, Spinefarm
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
7 3 4 46 14 64
American Capitalist
  • Publicado: 11 de outubro de 2011[91]
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
3 2 2 50 6 14 74 57
The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 1
  • Publicado: 30 de xullo de 2013[92]
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 13 5 3 7 4 14 21
The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 2
  • Publicado: 19 de novembro de 2013[94]
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 29 17 6 13 24 44
Got Your Six
  • Publicado: 4 de setembro de 2015
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 3 5 3 3 5 5 6
"—" denota un álbum que non chegou a esa lista ou non foi publicado nese territorio.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Revolver Golden Gods
Ano Nomeado Premio Resultado
2012 Zoltan Bathory, Jason Hook Mellor guitarrista Nomeado
2012 Ivan Moody Mellor vocalista Nomeado
2012 Jeremy Spencer Mellor batería Gañador
2012 American Capitalist Álbum do ano Nomeado
2013 Five Finger Death Punch Mellor grupo en directo Nomeado
2014 The Wrong Side of Heaven... Álbum do ano Nomeado
2014 Ivan Moody Mellor vocalista Nomeado
2014 Zoltan Bathory, Jason Hook Best Guitarist Nomeado
2014 Chris Kael Mellor baixista Gañador
2014 Lift Me Up Canción do ano Gañador
Premios Metal Hammer Golden Gods
Ano Nomeado Premio Resultado
2009 Five Finger Death Punch Mellor grupo debutante Gañador
2010 Five Finger Death Punch Mellor grupo revelación Gañador
2010 Zoltan Bathory Mellor guitarrista Gañador
2012 Five Finger Death Punch Mellor grupo internacional Nomeado
2012 Zoltan Bathory Metal As Fuck Nomeado
2013 Five Finger Death Punch Mellor grupo internacional Nomeado
2014 Five Finger Death Punch Mellor grupo en directo Nomeado
Premios Kerrang!
Ano Nomeado Premio Resultado
2009 Five Finger Death Punch Mellor grupo debutante internacional Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. James Christopher Monger. "Five Finger Death Punch | Biography". AllMusic. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  2. "List: ARTISTdirect.com's Top 10 Five Finger Death Punch Songs @ARTISTdirect". Artistdirect.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2018. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  3. Carman, Keith (15 de maio de 2009). "Five Finger Death Punch Reveal War Is the Answer • News •". Exclaim.ca. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "U.P.O. Bassist: Dimebag Was 'Somebody Who Inspired All Of Us'". Blabbermouth.net (en inglés). Roadrunner Records. 10 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  5. "Five Finger Death Punch Have Fired Snell (a top story)::Five Finger Death Punch News". AntiMusic.com. Consultado o 2016-03-02. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Five Finger Death Punch To Host Second Annual 'Love Songs For Tough Guys' Special". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  7. "Resurrection Fest 2014" (en castelán). dodmagazine.es. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  8. "History". FiveFingerDeathPunch.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2009. Consultado o 5 de outubro de 2009. 
  9. Blair, Eric (22 de xullo de 2008). "Five Finger Death Punch's Ivan Moody talks with Eric Blair". YouTube (en inglés). Google. Consultado o 5 de setembro de 2010. 
  10. "Five Finger Death Punch Featuring Ex-W.A.S.P., Motograter Members: Debut CD Due In April". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  11. "Former W.A.S.P. Guitarist Joins Five Finger Death Punch". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2006. 
  12. "Five Finger Death Punch Signs With Firm Music". Blabbermouth.net (en inglés). Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  13. "Five Finger Death Punch Releases Three-Song EP Via iTunes". Blabbermouth.net (en inglés). Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2007. 
  14. "Releases". FiveFingerDeathPunch.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  15. 15,0 15,1 "Korn 2007 Tour Dates". KornSpace.com. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  16. "Five Finger Death Punch Forced To Pull Out Of All That Remains Tour". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de xaneiro de 2008. 
  17. "Five Finger Death Punch Back In Action". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 18 de abril de 2008. 
  18. "Five Finger Death Punch Hits The Road With Disturbed". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2008. Consultado o 24 de marzo de 2008. 
  19. "Five Finger Death Punch Releases Free Track To Fans". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 8 de abril de 2008. 
  20. "Five Finger Death Punch: 'The Way Of The Fist' To Receive Canadian Release In November". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. 3 de outubro de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  21. "Five Finger Death Punch: 'The Way Of The Fist' European Release Date Announced". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Consultado o 29 de setembro de 2008. 
  22. "Five Finger Death Punch Rumored To Have Split With Guitarist Darrell Roberts". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009. 
  23. "Five Finger Death Punch Confirms Split With Guitarist, Announces Replacement". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009. 
  24. "Line Up – 2009 Download Festival". downloadfestival.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  25. Bezer, Terry (13 de maio de 2009). "Five Finger Death Punch Reveal New Album Title". Metal Hammer. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2010. 
  26. "Five Finger Death Punch Guitarist Discusses Upcoming Album". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  27. Bezer, Terry (30 de setembro de 2009). "Five Finger Death Punch Crash US Top 10!". Metal Hammer. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 13 de novembro 2010. 
  28. "Five Finger Death Punch: New Single Available For Streaming". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  29. Bezer, Terry (9 de outubro de 2010). "Five Finger Death Punch/Shadows Fall Tour Supports Announced". Metal Hammer. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  30. "Five Finger Death Punch To Release 'Dying Breed' Digital Single". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 2 de novembro 2009. 
  31. Gill, James (12 de febreiro de 2010). "Five Finger Death Punch: New Single (And New Mic Stand!)". Metal Hammer. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  32. "Line Up – Download Festival 2010". downloadfestival.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2010. 
  33. Ramirez, Carlos (February 22, 2010). "2010 Rockstar Energy Drink Mayhem Festival". Noisecreep. AOL. Consultado o 14 de novembro de 2010. 
  34. Bezer, Terry (19 de agosto de 2010). "Five Finger Death Punch Appear On Jimmy Kimmel! Live". Metal Hammer. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  35. Anderson, Sara D. (September 14, 2010). "Five Finger Death Punch, 'Far From Home' – New Song". AOL Radio Blog. AOL. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2010. 
  36. Sciarretto, Amy (September 9, 2010). "Five Finger Death Punch Touring With Godsmack in October". Noisecreep. AOL. Consultado o 14 de novembro de 2010. 
  37. Florino, Rick (5 de novembro de 2010). "Clash of the Titans: Godsmack and Five Finger Death Punch". Artist Direct. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  38. "Five Finger Death Punch Frontman Interviewed On 101.7 The Fox". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2010. 
  39. Heaney, Gregory. "Five Finger Death Punch American Capitalist". Allmusic. Consultado o 6 de abril de 2016. 
  40. "Five Finger Death Punch: New Video Interview With Ivan Moody". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  41. "Five Finger Death Punch Officially Confirms Bassist's Exit". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. 29 de abril de 2011. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  42. "Five Finger Death Punch: New Bassist Revealed". Blabbermouth.net. Roadrunner Records. 21 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  43. "Five Finger Death Punch Announce New Single and Debut Date, Reveal Single Art!". Revolver. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  44. "Five Finger Death Punch Announces "Share The Welt" Tour With Hatebreed". Metal Underground. 1 de agosto de 2011. Consultado o 1 de agosto de 2011. 
  45. "Madden NFL 12 Soundtrack". PastaPadre. Consultado o 29 de agosto de 2011. 
  46. "Back For More (Single)". iTunes. Consultado o 13 de setembro de 2011. 
  47. "Five Finger Death Punch's 'American Capitalist' To Be Made Available With New Artwork". Blabbermouth.net. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  48. [hhttps://www.blabbermouth.net/news/five-finger-death-punch-films-remember-everything-video/ "Five Finger Death Punch: 'Remember Everything' Video Released"]. Blabbermouth.net. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  49. Sciarretto, Amy (25 de abril de 2012). "Five Finger Death Punch, "Coming Down" Song Review". Loudwire. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  50. "Five Finger Death Punch: 'Coming Down' Video Released". Blabbermouth.net. 12 de xuño de 2012. Consultado o 13 de xuño de 2012. 
  51. "12th Annual Independent Music Awards Winners Announced!" Independent Music Awards, 11 de xuño de 2013. Consultado o 4 de setembro de 2013.
  52. Paul, Long (24 de abril de 2012). "Trespass America Touring Fest Breaks Out: FFDP, Killswitch, Trivium, God Forbid, Hit the Road". KNAC. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  53. "Five Finger Death Punch - 2013 Tour Reel". 18 de marzo de 2013. 
  54. "FIVE FINGER DEATH PUNCH To Release New Album This Year". Blabbermouth.net. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  55. "FIVE FINGER DEATH PUNCH: 'Lift Me Up' Single Featuring ROB HALFORD To Be Released Tomorrow". Blabbermouth.net. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  56. "PRESS RELEASE: "The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell" Vol. 1 Globally Debuts as #1 Rock Album". Five Finger Death Punch. 7 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2013. 
  57. bravewords.com. "News > FIVE FINGER DEATH PUNCH Reveal Artwork For Second Of Two New Albums Due November 19th; 'Battleborn' Single Hits Radio Today". Bravewords.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2009. 
  58. "Five Finger Death Punch » 5FDP Announce U.S. Spring Headline Dates + Enter Studio To Write New Album". fivefingerdeathpunch.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  59. "Five Finger Death Punch: New Album Title Revealed; Audio Sample Of 'Ain't My Last Dance' Song". Blabbermouth. 2 de maio de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  60. "Five Finger Death Punch: 'Got Your Six' Artwork, Release Date Revealed; Tour Dates With Papa Roach, In This Moment Announced". Blabbermouth. 19 de maio de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  61. "FIVE FINGER DEATH PUNCH's HOOK, SPENCER, KAEL Talk 'Hell To Pay' In 'Got Your Six' Track-By-Track Video". Blabbermouth.net. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  62. "Updated Five Finger Death Punch & Papa Roach 2015 Co-headlining North American Tour Schedule With In This Moment and From Ashes To New". 20 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  63. "Papa Roach & Five Finger Death Punch Co-Headline Tour Stops Announced". 19 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  64. "Five Finger Death Punch Says New Album 'Got Your Six' Is 'More Uptempo'". Billboard. 19 de maio de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  65. Irizarry, Katy (12 de febreiro de 2016). "All That Remains' Vocalist To Fill In For Ivan Moody On Remaining Five Finger Death Punch Dates, Video Footage Of Debut Performance". Revolver. Consultado o 21 de abril de 2017. 
  66. Kaufman, Gil. "Five Finger Death Punch Sued By Label Over New Album, Greatest Hits". Billboard. Consultado o 2 de maio de 2016. 
  67. Irizarry, Katy (21 de abril de 2017). "Ivan Moody To Depart From Five Finger Death Punch To Pursue New Band, Villain". Revolver. Consultado o 21 de abril de 2017. [Ligazón morta]
  68. "IVAN MOODY SETS THE RECORD STRAIGHT". Five Finger Death Punch. 21 de abril de 2017. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  69. Hartmann, Graham (12 de xuño de 2017). "Ivan Moody at Disruptive Netherlands Gig: ‘This Is My Last Show With Five Finger Death Punch’". Loudwire. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  70. "NEWS: IVAN MOODY CALLS TILBURG HIS “LAST SHOW” IN FIVE FINGER DEATH PUNCH!". Dead Press!. 13 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  71. Kaufman, Spencer (13 de xuño de 2017). "Five Finger Death Punch and In Flames Announce Co-Headlining Late 2017 European Arena Tour". Loudwire. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  72. Pasbani, Robert (14 de xuño de 2017). "Ivan Moody To Sit Out FIVE FINGER DEATH PUNCH European Tour, Checks Back Into Rehab". Metal Injection. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  73. Childers, Chad (14 de xuño de 2017). "Five Finger Death Punch’s Ivan Moody Exits European Tour, Tommy Vext to Fill In on Vocals". Loudwire. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  74. Harris, Chris (27 de marzo de 2008). "Five Finger Death Punch Aim To Make Metal Mainstream; Plus Obituary, Dimebag Darrell & More News That Rules, In Metal File". MTV. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  75. Munro, Scott. "Guitarist Zoltan says breaking metal down into categories takes focus away from the music". TeamRock. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  76. "Five Finger Death Punch – Chart History: Billboard 200". Billboard. Prometheus Global Media. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  77. "Five Finger Death Punch – Chart History: Hard Rock Albums". Billboard. Prometheus Global Media. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  78. "Five Finger Death Punch – Chart History: Rock Albums". Billboard. Prometheus Global Media. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  79. "Discography Five Finger Death Punch". australian-charts.com. Hung Medien. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  80. "Discographie Five Finger Death Punch". austriancharts.at (en alemán). Hung Medien. Consultado o 8 de agosto de 2013. 
  81. Posición máis alta nas listas do Canadá:
  82. "Discography Five Finger Death Punch". finnishcharts.com. Hung Medien. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  83. "Chartverfolgung / Five Finger Death Punch / Longplay". musicline.de (en German). GfK Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 8 de agosto de 2013. 
  84. "Discography Five Finger Death Punch". swedishcharts.com. Hung Medien. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  85. "Five Finger Death Punch" (pestana "Albums"). Official Charts Company. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  86. "The Way of the Fist by Five Finger Death Punch". iTunes Store. Apple. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  87. 87,0 87,1 87,2 Poulsen, Drew (5 de xuño de 2013). "Five Finger Death Punch to Unleash 'Righteous' New Album on July 30". Billboard (Prometheus Global Media). Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  88. 88,0 88,1 88,2 88,3 88,4 88,5 "American certifications – Five Finger Death Punch". Recording Industry Association of America. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  89. 89,0 89,1 89,2 ""Canadian certifications – Five Finger Death Punch"". Consultado o 18 de abril de 2013. 
  90. Roach, Pemberton. "War Is the Answer – Five Finger Death Punch". AllMusic. Rovi Corporation. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  91. Heaney, Gregory. "American Capitalist – Five Finger Death Punch". AllMusic. Rovi Corporation. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  92. Heaney, Gregory. "The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Vol. 1 – Five Finger Death Punch". AllMusic. Rovi Corporation. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  93. "Metal By Numbers 9/25: The charts are hardly bare-bones this week". Metal Insider. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  94. Heaney, Gregory. "The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Vol. 2 – Five Finger Death Punch". AllMusic. Rovi Corporation. Consultado o 22 de novembro de 2013. 
  95. "Metal By Numbers 7/30: Overkill’s ‘Armory’ army out in force". Metal Insider. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  96. Brown, Matt (2 de marzo de 2016). "Metal By Numbers 3/2: 2016 sales have been ignited". MetalInsider.net. Consultado o 2 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]