Jesé Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesé Rodríguez
Jesé Rodríguez 2 (cropped).jpg
Jesé Rodríguez coa Selección Española sub-21
Información persoal
Nome completo Jesé Rodríguez Ruiz
Nacemento

26 de febreiro de 1993

(26 anos)
Lugar España
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Real Betis Balompié
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010-2013 Real Madrid Castilla (32)
2013-2015 Real Madrid (18)
cedido a outros clubs París Saint-Germain
As Palmas (3)
2017-2018 Stoke City (1)
2018-2019 Real Betis Balompié
Selección nacional
2010 España sub-17 {{{nationalcaps(goals)1}}} (1)
2012 España sub-19 {{{nationalcaps(goals)2}}} (6)
2013 España sub-20 {{{nationalcaps(goals)3}}} (5)
2013 España sub-21 {{{nationalcaps(goals)4}}} (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993. É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España.

Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial. Con este último disputou dúas temporadas. O seu debut co primeiro equipo nun partido oficial chegaría o 13 de decembro de 2011 con só 18 anos, polo que na temporada seguinte pasaría a formar parte da escuadra do primeiro equipo do club. No verán de 2016, Jesé é traspasado ó París Saint-Germain por unha cantidade de 25 millóns de euros. Entre xaneiro e xunio do 2017, o xogador foi cedido polo club francés á U.D. Las Palmas.

Como futbolista internacional español, recaeu en todas as categorías base da Selección Española, nesta disputou un total de 36 partidos e anotou 16 goles. Tamén logrou o segundo posto no campionato europeo sub-17 e proclamouse campión de Europa sub-19 no 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Jesé deu os seus primeiros pasos futbolísticos na súa cidade natal, nunha academia de Veteranos do Pilar Club de Fútbol e na Asociación Deportiva Huracán antes de iniciar o seu camiño nas categorías base do Real Madrid Club de Fútbol. Ingresou no club blanco no ano 2007 con 14 anos, progresando en liña ascendente até chegar ó primeiro equipo xuvenil.

Na temporada comprendida entre o ano 2010/11, Jesé anotou 18 goles, valéndolle isto para ascender de forma directa ó Real Madrid Castilla Club de Fútbol, filial do club, consagrándose como unha das grandes promesas da canteira branca.

Real Madrid Castilla Club de Fútbol[editar | editar a fonte]

Sendo aínda xuvenil, o 16 de xaneiro de 2011 debutou co Real Madrid Castilla Club de Fútbol na 2.ª División "B" ,cunha vitoria por 5-0 contra a Universidade das Palmas C.F. Despois dunha temporada co Real Madrid Xuvenil, onde anotou 17 goles, ascendeu ó primeiro equipo filial.

Jesé anotou o seu primeiro gol oficial no Castilla o 2 de outubro de 2011 contra La Roda C.F., tras unha asistencia de Álvaro Morata, converténdose nunha peza clave do equipo que remataría en terceira posición e clasificándose para xogar a promoción de ascenso a Segunda División despois de levar 4 anos en 2ºB sen lograr o cometido. Nesta, o equipo foi eliminado por o C.D Alcoyano, tras perder por 0-2 no Estadio Santiago Bernabéu e empatar a dous goles no partido de volta disputado en Alcoi.

A temporada seguinte, logrou o ascenso a Segunda División despois de 5 anos, tras vencer por unha goleada ó Cádiz C.F. Na ida o equipo branco logrou unha vitoria por 0-3, completándose no partido de volta no Estadio Alfredo Di Stéfano con outro triunfo por 5-1.

Na temporada 2012/13 debutou na Segunda División na primeira xornada fronte ó Villarreal C.F.. Jesé rematou a temporada con 22 tantos. Así, converteuse no máximo goleador da historia do filial branco, anotando un gol máis que Emilio Butragueño na campaña 1983/84.

Real Madrid C.F.[editar | editar a fonte]

No verán do 2011, o xogador realizou a pretemporada co primeiro equipo, asistindo á xira americana e xogando contra Los Ángeles Galaxy.

O debut en partido oficial tivo lugar con José Mourinho de adestrador en decembro dese mesmo ano, na Copa do Rei ante a Sociedade Deportiva Ponferradina en Ponferrada. Entrou ó terreo de xogo no minuto 77' substituíndo a Cristiano Ronaldo. Seis días antes do seu debut, foi convocado por primeira vez nun partido oficial co primeiro equipo, para un partido de Liga de Campións contra o Amsterdamsche Football Club Ajax, pero non chegou a disputar ningún minuto.

O 24 de marzo de 2012 debutou en Liga, xogando os últimos dez minutos fronte a Real Sociedad que rematou cunha vitoria por 5-1.

En xulio de 2013, Jesé renovou co primeiro equipo por catro temporadas pasando a ser membro en todos os aspectos del.

. Como tal, o 22 de agosto anotou os seus primeiros goles ante o Al-Sadd Sports Club, nun partido homenaxe a Raúl González Blanco polo Trofeo Santiago Bernabéu.

O 2 de outubro de 2013, debutou como local na Liga de Campións da UEFA nun partido ante o Football Club København. Entrou substituíndo a Karim Benzema nun partido que rematou co triunfo madrileño por 4-0.

O primeiro gol oficial co Real Madrid foi o 26 de outubro de 2013 no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona. O xogador branco fixo gañar ó seu equipo por 1-2.

O 18 de marzo de 2014, sufriu no inicio dun partido de Champións unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito que o apartou dos terreos de xogo durante 8 meses. O seu regreso foi o 2 de decembro na Copa do Rei fronte á Unió Esportiva Córnellà, anotando un dos cinco goles.

París Saint-Germain F. C.[editar | editar a fonte]

O 8 de agosto de 2016, Jesé uniuse ó París Saint Germain Football Club por un contrato de cinco anos. O seu primeiro tanto co conxunto parisino anotouno dende o punto de penalti, o 19 de novembro na vitoria por 2-0 sobre o Football Club de Nantes. Con moi pouca participación no PSG, Unai Emery, o adestrador, anunciaba a salida do xogador no mercado de inverno.

U. D. Las Palmas[editar | editar a fonte]

Tras numerosas ofertas, recaeu na UD Las Palmas, club da súa cidade natal, por deseo del. Chegou ó club canario cedido até xunio de 2017. O 5 de marzo marca os seus primeiros goles co club fronte ó Osasuna. En xunio de 2017, a directiva decide prescindir del para a temporada seguinte debido ó seu "baixo rendemento". Asi pois,volveu á disciplina do PSG.

Stoke City[editar | editar a fonte]

O 18 de agosto de 2017 foi cedido por unha temporada ó Stoke City. O 1 de maio de 2018 o club inglés daba por finalizada dita cesión tras só 13 partidos e un gol debido ós reiterados permisos que concederon ó xogador a causa da enfermidade do seu fillo máis pequeno.

Real Betis[editar | editar a fonte]

O 29 de xaneiro fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Betis Balompié en calidade de cedido. O 10 de marzo de 2019, con esforzo e dedicación, conseguiu o seu primeiro gol, dándolle os tres puntos ó Real Betis ante o Celta de Vigo en Balaídos.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Jesé debutou coa Selección sub-16 en 2009. Un ano máis trade coa sub-17, alcanzou a final no Europeo da UEFA onde quedou subcampión.

Coa Selección sub-19 proclamouse campión do Europeo de 2012 de Estonia. Foi nomeado mellor xogador da final e fíxose coa Bota de ouro do campionato con cinco goles. O primeiro de eles anotouno ante Grecia na fase de grupos, un triplete ante Portugal e o quinto, o decisivo gol que lle deu a vitoria ó combinado español na final fronte a Grecia.

Durante o verán de 2013, o xogador formou parte da Selección sub-21 no Mundial celebrado en Turquía. Na fase de grupos foi un dos máis destacados e a maiores anotando dous tantos. Rematou o campionato con cinco goles polo que recibiu a Bota de bonce do torneo.

As súas actuacións servíronlle para ser convocado coa sub-21, debutando o 5 de setembro de 2013 fronte á selección austríaca. O xogador foi o autor do sexto gol do equipo na vitoria por 2-6 para a clasificación da Eurocopa sub-21 de 2015 na República Checa, competición que non se disputou ó non lograr o pase á fase final.

Selección absoluta[editar | editar a fonte]

Coincidindo co seu mellor momento profesional, especulouse coa súa posible convocatoria coa Selección Española en 2014. Porén, unha lesión impediu que se producise dita citación.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais:[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Segunda División “B” Real Madrid Castilla España 2012
Copa de Campión de Segunda B Real Madrid Castilla España 2012
Liga de España Real Madrid C.F. España 2012
Supercopa de España Real Madrid C.F. España 2012
Copa do Rei Real Madrid C.F. España 2014
Copa da Liga de Francia París Saint-Germain Francia 2017
Supercopa de Francia París Saint-Germain Francia 2017
Supercopa de Francia París Saint-Germain Francia 2018

Campionatos internacionais:[editar | editar a fonte]

Título Selección Sede Ano
Europeo Sub-19 España (sub-19) Estonia 2012
Título Club Sede Ano
Liga de Campións Real Madrid C.F. Lisboa 2014
Supercopa de Europa Real Madrid C.F. Cardiff 2014
Copa Mundial de Clubs Real Madrid C.F. Marruecos 2014
Liga de Campións Real Madrid C.F. Milán 2016

Premios individuais:[editar | editar a fonte]

Distinción Anos
Once de Bronce de Fútbol Draft 2011,2012,2013
Once de Ouro de Fútbol Draft 2014
Bota de Ouro da Eurocopa Sub-19 2012
2º máximo goleador de Segunda Divisón 2013
Trofeo Zarra de Segunda División 2013
Mellor xogador do partido USA-ESP Mundial Sub-20 2013
Mellor xogador do partido ESP-GHA Mundial Sub-20 2013
Mellor xogador do partido ESP-FRA Mundial Sub-20 2013
Bota de Bronce da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 2013

Estadísticas[editar | editar a fonte]


Temporada Equipo Partidos Goles/Partidos Goles
2018/2019 Betis 7 0,14 1
2018/2019 PSG 0 0 0
2017/2018 Stoke City 13 0,08 1
2017/2018 PSG 0 0 0
2016/2017 Las Palmas 16 0,19 3
2016/2017 PSG 13 0,08 1
2015/2016 Real Madrid 38 0,16 6
2014/2015 Real Madrid 23 0,17 4
2013/2014 Real Madrid 31 0,26 8
2012/2013 RM Castilla 38 0,58 22
2012/2013 Real Madrid 0 0 0
2011/2012 RM Castilla 39 0,26 10
2011/2012 Real Madrid 2 0 0
2010/2011 RM Castillas 3 0 0



Música[editar | editar a fonte]

Ademáis de futbolista, Jesé considérase cantante de reggaeton. Traballa en solitario, aínda que fixo tamén colaboracións con artistas internacionais como é Henry Méndez, Alexis, Fido e Josito.

Os seus inicios na música comezaron en 2014, como integrante do grupo "Big Flow" xunto co seu amigo Nuno.N.Bi. En 2015

comezou en solitario baixo o pseudónimo artístico "Jey M".

Algunhas das cancións son as seguintes:

  1. "La mano arriba" (2014).
  2. "La ocasión" (2014).
  3. "Chao e Adeus" (2016).
  4. "Entrégate Locamente" (2016).
  5. "Rumbea" (2017).


Referencias e notas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Marca.com. «Jesé, un sueño cumplido»[1]. Consultado o 13 de decembro de 2011.
  2. Marca.com. «Ancelotti bendice a Morata y Jesé»[2]. Consultado o 20 de xunio de 2013.
  3. Marca.com. «Jesé, la venta más cara de La Fábrica»[3]. Consultado o 2 de agosto de 2016.
  4. as.com. «Las Palmas le da a Jesé una segunda oportunidad para triunfar»[4]. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
  5. Diario Marca (ed.). «El Cristiano de Valdebebas»[5]. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  6. Portal digital Canarias7. «Jesé Rodríguez, la perla del Madrid»[6]. Consultado o 27 de novembro de 2012.
  7. Marca.com. «Jesé debuta en el Castilla con un detalle a lo Ronaldo»[7]. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  8. «La cantera del Real Madrid vuelve a ser de categoría»[8]. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  9. Realmadrid.com. «Crónica Castilla-Villarreal».[9] Arquivado desde o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2012.
  10. Real Madrid web oficial. «LA Galaxy 1-4 Real Madrid»[10]. Arquivado desde o orixinal o 20 de xulio de 2011. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  11. Real Madrid web oficial. «Mourinho da la lista de 17 hombres para el duelo frente a la Ponferradina»[11]. Arquivado desde o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  12. as.com. «Jesé debuta»[12]. Consultado o 13 de decembro de 2011.
  13. marca.com. «Así son los 14 canteranos de Mourinho»[13]. Consultado o 6 de maio de 2012.
  14. Real Madrid web oficial. «Mourinho convoca a 19 jugadores para el partido ante el Ajax»[14]. Arquivado desde o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 27 de xulio de 2012.
  15. ESPN Soccernet (ed.). «Real Madrid vuelve a vencer»[15] (en inglés). Consultado o 27 de julio de 2012.
  16. Página oficial del Real Madrid (ed.). «Renovación de Jesé»[16]. Arquivado desde o orixinal o 26 de xulio de 2013. Consultado o 25 de julio de 2013.
  17. Portal digital DefensaCentral (ed.). «Jesé se estrenó con el primer equipo»[17]. Consultado o 23 de agosto de 2013.
  18. AS.com. «El gol de Jesé en el Camp Nou»[18]. Consultado o 26 de outubro de 2013.
  19. ↑ Página oficial del Real Madrid (ed.). «Regreso de Jesé»[19]. Consultado o 2 de decembro de 2014.
  20. ↑ Comunicado Oficial[20]: Jesé Rodríguez
  21. ↑ JESÉ FIRMA CONTRATO POR CINCO AÑOS CON EL PARIS SAINT-GERMAIN[21]
  22. ↑ AS, Diario (4 de enero de 2017). «Unai Emery confirma la salida inminente de Jesé del PSG[22] | internacional | AS.com». AS.com. Consultado el 31 de xaneiro de 2017.
  23. «Jesé rechazó a Liverpool, Boro, Schalke, Milan y Roma para firmar por Las Palmas»[23]. Intereconomia. 31 de enero de 2017. Consultado el 31 de xaneiro de 2017.
  24. ↑ «Jesé, cedido por el PSG a la UD Las Palmas.»[24]. UD Las Palmas - Web Oficial. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
  25. ↑ «Las Palmas: Jesé: "Los goles sirven para afrontar los partidos con más confianza"»[25] - Marca.com». Marca.com. Consultado o 29 de abril de 2017.
  26. ↑ Ignacio S. Acedo. «No a Jesé y Araujo vuelve bajo advertencia»[26]. Canarias7 - Web Oficial. Consultado o 5 de xulio de 2017.
  27. ↑ «Jesé, cedido al Stoke City»[27]. Mundo Deportivo. 16 de agosto de 2017. Consultado o 13 de agosto de 2018.
  28. ↑ «Premier League: Fin a la cesión de Jesé en el Stoke: "Gracias por vuestra paciencia"»[28]. Marca.com. 1 de maio de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2018.
  29. ↑ «Jesé prêté au Betis Séville»[29]. psg.fr (en francés). 29 de enero de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2019.
  30. Página oficial de la FIFA (ed.). «España Mundial sub-20»[30]. Consultado o 7 de xunio de 2013.
  31. ↑ Diario AS. «España brilla en el primer test previo al Mundial Sub-20»[31]. Consultado o 21 de xunio de 2013.
  32. ↑ Diario AS (ed.). «Otra fiesta roja con dobletes de Jesé Rodríguez y Deuloufeu»[32]. Consultado o 22 de xunio de 2013.
  33. ↑ Página oficial del Real Madrid (ed.). «Jesé dio la victoria a España frente a Ghana en el Mundial Sub-20»[33]. Arquivado desde o orixinal o 29 de xunio de 2013. Consultado o 25 de xunio de 2013.
  34. ↑ Diario AS (ed.). «La cantera del Madrid se exhibe en Austria: cuatro de Morata»[34]. Consultado o 5 de setembro de 2013.
  35. ↑ Diario Marca (ed.). «Del Bosque: "Jesé es un potencial futbolista para la Selección"»[35]. Consultado o 18 de outubro de 2015.
  36. ↑ Diario Marca (ed.). «Del Bosque: "Con Jesé hay que tener cautela"»[36]. Consultado o 18 de outubro de 2015.
  37. ↑ «Jesé - Datos completos de rendimientos»[37]. Consultado o 13 de agosto de 2018.
  38. ↑ Fútbol Draft (ed.). «Premios Fútbol Draft 2011»[38]. Consultado o 16 de maio de 2013.
  39. ↑ Fútbol Draft (ed.). «Premios Fútbol Draft 2012»[39]. Consultado o 16 de maio de 2013.
  40. ↑ Fútbol Draft (ed.). «Premios Fútbol Draft 2013»[40]. Consultado o 16 de maio de 2013.
  41. «El “talentoso” Jey M, presenta su nuevo videoclip»[41]. Mundo Deportivo. Consultado o 31 de outubro de 2017.
  42. ↑ Team Presi Money (14 de julio de 2016), Jey M - Yo sabía (feat. Alexis & Fido, De La Ghetto y Carlitos Rossy) [Official Remix][42], Consultado o 31 de outubro de 2017
  43. ↑ «Jesé inicia su carrera musical en solitario como 'Jey M'»[43]. Mundo Deportivo. Consultado el 31 de outubro de 2017.
  44. ↑ AS, Diario (14 de julio de 2016). «Jesé, muy bien acompañado en su nuevo videoclip como Jey-M[44] | Liga BBVA | AS.com». AS.com. Consultado ol 31 de outubro de 2017.
  45. ↑ «Jesé Rodríguez tiene nuevo temazo como Jey M»[45]. Buhomag. Consultado o 31 de outubro de 2017.
  46. ↑ MARCA.com. «Real Madrid: Jesé será Jey M - MARCA.com»[46]. MARCA.com. Consultado o 31 de outubro de 2017.
  47. Diario ABC (ed). «Jesé: de los campos de fútbol a cantar reguetón»[47]. Consultado o 17 de maio de 2019.

Enlaces externos[editar | editar a fonte]


  1. "Jesé, un sueño cumplido". www.marca.com. Consultado o 2019-05-16. 
  2. MARCA.com. [https://www.marca.com/2013/06/20/futbol/equipos/real_madrid/1371742661.html "Ancelotti bendice a Morata y Jes�"]. MARCA (en castelán). Consultado o 2019-05-16.  Carácter substitución en |título= na posición 33 (Axuda)
  3. Rincón, Jaime; @Jaime_Rincon (2016-08-02). "Real Madrid: Jesé, la venta más cara de La Fábrica". Marca.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  4. AS, Diario (2017-02-06). "Las Palmas le da a Jesé una segunda oportunidad para triunfar". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  5. "El Cristiano de Valdebebas - MARCA.com". www.marca.com. Consultado o 2019-05-16. 
  6. Acedo, Ignacio S. (2010-12-28). "Jesé Rodríguez, la perla del Madrid". www.canarias7.es (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  7. [https://www.marca.com/2011/01/16/futbol/equipos/real_madrid/1295198191.html "Jes� debuta en el Castilla con un detalle a lo Ronaldo - MARCA.com"]. www.marca.com. Consultado o 2019-05-16.  Carácter substitución en |título= na posición 4 (Axuda)
  8. "La cantera del Real Madrid vuelve a ser de categoría". www.marca.com. Consultado o 2019-05-16. 
  9. "Real Madrid C.F. - Web Oficial - 2-1: El Castilla mereció más en su debut en Segunda ante el Villarreal". web.archive.org. 2012-08-20. Consultado o 2019-05-16. 
  10. "Real Madrid C.F. - Official Web Site - LA Galaxy 1-4 Real Madrid". web.archive.org. 2011-07-20. Consultado o 2019-05-16. 
  11. "Real Madrid C.F. - Official Web Site - Mourinho calls 17 men for duty…". archive.fo. 2012-09-08. Consultado o 2019-05-16. 
  12. AS, Diario (2011-12-13). "Callejón brilla y Jesé debuta". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  13. [https://www.marca.com/blogs/escuela-primera/2012/05/06/asi-son-los-14-canteranos-de-mourinho.html "As� son los 14 canteranos de Mourinho"]. www.marca.com. Consultado o 2019-05-16.  Carácter substitución en |título= na posición 3 (Axuda)
  14. "Real Madrid C.F. - Web Oficial - Mourinho convoca a 19 jugadores para…". archive.fo. 2013-06-30. Consultado o 2019-05-16. 
  15. "Soccernet". 
  16. "Real Madrid C.F. - Web Oficial - Comunicado Oficial". web.archive.org. 2013-07-26. Consultado o 2019-05-16. 
  17. "Jesé se estrenó con el primer equipo | Defensa Central". www.defensacentral.com. 2013-08-23. Consultado o 2019-05-16. 
  18. "El gol de Jesé en el Camp Nou". AS.com (en castelán). 2013-10-30. Consultado o 2019-05-16. 
  19. "El gol de Jesé en el Camp Nou". AS.com (en castelán). 2013-10-30. Consultado o 2019-05-16. 
  20. "Comunicado Oficial: Jesé Rodríguez | Real Madrid CF". Real Madrid C.F. - Web Oficial (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 
  21. "Jesé firma contrato por cinco años con el París Saint-Germain". 
  22. AS, Diario (2017-01-04). "Unai Emery confirma la salida inminente de Jesé del PSG". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  23. "Jesé rechazó a Liverpool, Boro, Schalke, Milan y Roma para firmar por Las Palmas". Intereconomia (en castelán). 2017-01-31. Consultado o 2019-05-17. 
  24. "Jesé, cedido por el PSG a la UD Las Palmas | Las Palmas - Web Oficial". Jesé, cedido por el PSG a la UD Las Palmas | Las Palmas - Web Oficial (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  25. "Las Palmas: Jesé: "Los goles sirven para afrontar los partidos con más confianza"". Marca.com (en castelán). 2017-03-05. Consultado o 2019-05-17. 
  26. Acedo, Ignacio S. (2017-06-21). "No a Jesé y Araujo vuelve bajo advertencia". www.canarias7.es (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  27. "Jesé, cedido al Stoke City". Mundo Deportivo. 2017-08-16. Consultado o 2019-05-17. 
  28. "Premier League: Fin a la cesión de Jesé en el Stoke: "Gracias por vuestra paciencia"". Marca.com (en castelán). 2018-05-01. Consultado o 2019-05-17. 
  29. "Jesé prêté au Betis Séville". psg.fr. Consultado o 17-05-2019. 
  30. "España mundial sub-20". Página oficial de la FIFA (ed). Consultado o 17-05-2019. 
  31. AS, Diario (2013-05-14). "España brilla en el primer test previo al Mundial Sub-20". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  32. AS, Diario (2013-06-21). "Otra fiesta roja con dobletes de Jesé Rodríguez y Deulofeu". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  33. "Real Madrid C.F. - Web Oficial - 1-0: Jesé dio la victoria a España frente a Ghana en el Mundial Sub-20". web.archive.org. 2013-06-29. Consultado o 2019-05-17. 
  34. González Cruz, J. Luis (1980-05-30). "Cuatro Edificios de viviendas en Madrid, España". Informes de la Construcción 33 (320): 26–41. ISSN 1988-3234. doi:10.3989/ic.1980.v33.i320.2377. 
  35. MARCA.com. [https://www.marca.com/2014/02/06/futbol/seleccion/1391694299.html "Del Bosque: "Jes� es un potencial futbolista para la Selecci�n""]. MARCA (en castelán). Consultado o 2019-05-17.  Carácter substitución en |título= na posición 17 (Axuda)
  36. MARCA.com. [https://www.marca.com/2014/02/20/futbol/seleccion/1392914349.html "Del Bosque: "Con Jes� hay que tener cautela""]. MARCA (en castelán). Consultado o 2019-05-17.  Carácter substitución en |título= na posición 21 (Axuda)
  37. "Jesé - Rendimiento 18/19". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  38. "Histórico 2011". www.futboldraft.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  39. "Histórico 2012". www.futboldraft.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  40. "Histórico 2013". www.futboldraft.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  41. "El “talentoso” Jey M, presenta su nuevo videoclip". Mundo Deportivo. 2016-07-15. Consultado o 2019-05-17. 
  42. Team Presi Money (2016-07-14). "Jey M - Yo Sabía feat Alexis y Fido, De La Ghetto, Carlitos Rossy (Video Oficial)". Consultado o 2019-05-17. 
  43. "Jesé inicia su carrera musical en solitario como 'Jey M'". Mundo Deportivo. 2014-11-27. Consultado o 2019-05-17. 
  44. AS, Diario (2016-07-14). "Jesé, muy bien acompañado en su nuevo videoclip como Jey-M". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  45. "Jesé Rodríguez tiene nuevo temazo como Jey M". BUHO (en castelán). 2016-07-15. Consultado o 2019-05-17. 
  46. MARCA.com (2014-11-27). "Jesé será Jey M". MARCA.com (en castelán). Consultado o 2019-05-17. 
  47. "Jesé: de los campos de fútbol a cantar reguetón". abc (en castelán). 2016-07-15. Consultado o 2019-05-17.