Francisco Rico Castro
Fran Rico | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Manuel Rico Castro | ||
Nacemento | 19 de abril de 1987 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Portonovo | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2001 | Portonovo | ||
2001–2005 | Pontevedra | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2008 | Pontevedra | 60 | (3) |
2008–2011 | Real Madrid B | 50 | (10) |
2011–2019 | Granada | 111 | (9) |
2016–2018 | → Eibar (cedido) | 17 | (2) |
Selección nacional | |||
2016– | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xuño de 2019. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Rico Castro, máis coñecido como Fran Rico, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de agosto de 1987, é un futbolista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Portonovo SD, e chegou ó Pontevedra CF con quince anos. Na categoría xuvenil logrou o ascenso á División de Honra, onde quedaron segundos ó ano seguinte, só por detrás do Sporting de Xixón. Neses anos foi convocado para xogar en diferentes categorías da selección galega de fútbol.
Ó ano seguinte, na campaña 2005-06, fixo a pretemporada co primeiro equipo e foi habitual nos adestramentos do primeiro equipo ó longo da liga. Comezou actuando co equipo de División de Honra de xuvenís e entrando nalgunha convocatoria co primeiro equipo. Debutou en liga na segunda B o 18 de decembro de 2005 contra o San Isidro, gañando 1-4 e xogando os últimos 15 minutos. A comezos do 2006 asina un contrato ata o 2010 e recibe ficha no primeiro equipo. Malia que só xoga tres partidos nesa tempada, e sempre de suplente, chega a marcarlle o gol da vitoria ó Melilla CF. Non xogou na fase de ascenso a segunda división.
Na súa segunda tempada, a 2006-07, non contou coa confianza do adestrador, Alberto Argibay. Xogou como titular na Copa Xunta de Galicia, logrando dous goles ante o CD Ourense e o Celta de Vigo. Tamén foi titular na Copa RFEF, que o club acabou gañando. Pero coa chegada do adestrador Javi Gracia a metade de liga comezou a disputar partidos completos, converténdose na referencia do xogo ofensivo. Ó igual que na tempada anterior, logrou anotar un tanto.
No verán de 2008 fichou polo Real Madrid Castilla. Logo de tres tempadas no club, onde chegou a ser o capitán, no verán de 2011 fichou polo Granada CF de primeira división.
Selección galega[editar | editar a fonte]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). [1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016.