Mímisbrunnr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manancial de Mimir»)
Odín bebe do Mímisbrunnr (1903) obra de Robert Engels.
"Odin at the Brook Mimir" (1893) de John Angell James Brindley

Na mitoloxía nórdica, Mímisbrunnr (Antigo nórdico "Manancial de Mímir"[1]) é un pozo relacionado con deus Mímir, situado baixo a árbore do mundo Yggdrasil. Mímisbrunnr aparece atestado na Edda poética, unha compilación do século XIII baseada en fontes tradicionais, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Ambas fontes relatan que o deus Odín deixou un dos seus ollos na fonte. A Edda prosaica detalla que o pozo está localizado baixo as tres raíces da árbore do mundo Yggdrasil, unha raíz que pasa pola terra xeada dos xigantes, onde o plano primordial de Ginnungagap existiu unha vez. Ademais, a Edda prosaica relata que a auga do pozo contén moita sabedoría, e que o sacrificio de Odín foi un troco por unha copa daquela auga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simek, Rudolf (2007). Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1, p. 216.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]