Skuld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Skuld era unha das tres Norns da mitoloxía nórdica xunto a Urd e Verdandi. O seu nome significa "aquilo que vai suceder" ou "o que virá". Xunto ás súas irmás tecía os tapices do destino baixo o freixo Yggdrasil.

Tamén desempeñaba un traballo de valquiria, cabalgando nos campos de batalla mentres decidía sobre as vidas dos combatentes e decidindo a sorte que levaría á vitoria.