Moeda de 500 liras italianas
500 liras italianas (1958-1967) emisión ordinaria en prata [1][2] | |
---|---|
![]() | |
R/: as tres carabelas de Colón navegando cara á dereita. Marca de gravador nas ondas. Valor e marca de ceca (R) no exergo.
Lenda: REPVBBLICA ITALIANA |
A/: busto feminino renacentista cara á esquerda, rodeado por 20 escudos.
Lendas: anepigráfica. |
|
A moeda circulante de 500 liras italianas foi cuñada polo Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato, a ceca pública de Roma, inicialmente en prata, entre 1958 e 1967, e despois bimetálicas desde 1982 a 2001, cando a lira italiana foi substituída polo euro.
Moedas de prata
[editar | editar a fonte]Emisión ordinaria
[editar | editar a fonte]Entre 1958 e 1967 tivo lugar a emisión da primeira moeda italiana con valor de 500 liras, cuñada en prata de 835 milésimas.[1][2][3]
O anverso foi deseñado e gravado polo artista italiano Pietro Giampaoli (1898-1998). De carácter anepigráfico, reproduce un busto feminino con roupa e toucado de corte renacentista, representación alegórica de Italia, inspirado na medalla de Cecilia Gonzaga de Pisanello,[4] da que toma, entre outros trazos, o vestido e a rede para o cabelo.[1] O busto está rodeado polos escudos de armas de Xénova, Turín, Aosta, Milán, Trento, Venecia, Trieste, Udine, Boloña, Florencia, Ancona, Perugia, Roma, L'Aquila, Nápoles, Bari, Potenza, Catanzaro, Palermo e Cagliari. Baixo o busto, o apelido do gravador en letra pequena: GIAMPAOLI.[1][2][3]
Do deseño do reverso encargouse o escultor e medallista Guido Veroi (1926-2013). Nel represéntanse as carabelas de Cristivo Colón (Pinta, Niña e Santa María) navegando cara á dereita, co valor facial e a marca de ceca no exergo e o apelido do gravador (VEROI) entre as ondas.[1][2][3]
Aínda que a emisión desta moeda comezou en 1958, coñécese unha cuñaxe en proba de 1957, cunha tiraxe limitada a 2.200 exemplares, na que se engadiu a inscrición PROVA en letras pequenas no reverso, á esquerda da indicación do valor facial. Esta cuñaxe en proba ten as bandeiras das carabelas mal orientadas, a barlovento, con respecto ás da emisión definitiva. Estes espécimes, de extrema rareza, son moi apreciados polos coleccionistas, e no mercado numismático acadan prezos de entre os 3.000 e os 12.000 euros, en fuinción do seu estado de conservación.[3][5]
A seguir, indícanse as tiraxes anuais desta primeira emisión ordinaria:[1][2]
|
|
Aínda que estas moedas deixaron de cuñarse en 1967 para a súa posta en circulación, a súa produción continuou anualmente ata 2001, con tiraxes moito máis reducidas, unicamente para formar parte das presentacións anuais en estoxos destinadas ao coleccionismo numismático, que se venderon a un prezo superior ao do valor facial.[1][2]
Emisións conmemorativas circulantes
[editar | editar a fonte]As moedas conmemorativas de prata responden aos mesmos parámetros métricos que a emisión ordinaria.
Centenario da Unificación Italiana
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1961
- Motivo: centenario da unificación Italiana: 1861-1961.
- Anverso: representación nacional de Italia cunha figura feminina cara á esquerda, sentada nun capitel, co brazo dereito ergueito sostendo unha póla de oliveira e cun casco no esquerdo. Gravador: Guido Veroi. Lenda: REPVBBLICA ITALIANA.
- Reverso: cuadriga correndo cara á esquerda, coas datas do centenario por riba e por baixo. Gravador: Guido Veroi. Lenda: 1861 / 1961 / L.500.
- Canto: liso coa lenda 1° CENTENARIO VNITA D'ITALIA / 1861-1961.
- Tiraxe: 27.120.000 exemplares.
Dante Alighieri
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1965.
- Motivo: 700 aniversario do nacemento de Dante Alighieri en 1265.
- Anverso: cabeza de Dante cara á esquerda, con coroa de loureiro. Deseñador: Goffredo Verginelli. Gravador: Guerrino Mattia Monassi. Lenda: REPUBBLICA ITALIANA.
- Reverso: lapas coroadas por nubes e raios de Sol con 10 estreliñas dentro, símbolo do Inferno, o Purgatorio e o Paraíso (os tres libros da Divina Comedia). Deseñador: Goffredo Verginelli. Gravador: Guerrino Mattia Monassi. Lenda: L.500 / 1965.
- Canto: liso coa lenda 7°CENTENARIO DELLA NASCITA DI DANTE.
- Tiraxe: 5.000.000 exemplares.
Moeda bimetálica
[editar | editar a fonte]500 liras italianas (1982-1995) emisión ordinaria bimetálica [10][11] | |
---|---|
![]() |
![]() |
A/: Cabeza feminina cara á esquerda. Marca de gravador debaixo.
Lenda: REPVBBLICA ITALIANA |
R/: Piazza del Quirinale, en Roma. Marca de ceca (R) e data. Valor facial en braille na parte superior e como texto no exergo.
Lendas: L. 500 |
|
Emisión ordinaria
[editar | editar a fonte]En 1982, o Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato de Roma comezou a produción dunha nova moeda de 500 liras, esta vez cuñada sobre discos bimetálicos. As aliaxes utilizadas nesta moeda son moi habituais nas emisións monetarias modernas de Italia: a súa parte interior é de bronzital —92% Cu, 6% Al, 2% Ni—, entanto que o aro exterior é de acmonital —71,75 Fe, 18,25 Cr, 10% Ni—.[10][11][12]
O deseño da artista Laura Cretara para o anverso desta moeda ten como motivo central unha figura feminina cara á esquerda como personificación nacional de Italia, con ás emplumadas que saen das súas tempas, como símbolos da intelixencia e da liberdade.[10][11][12]
Como motivo central do reverso figura unha vista da Piazza del Quirinale, en Roma, coa data na súa parte inferior. No aro exterior aprécianse a ambos os lados unha espiga de millo e unha póla de oliveira, en tanto que na parte superior se expresa o valor facial en braille e na inferior en números arábigos.
A seguir, indícanse as tiraxes anuais desta primeira emisión ordinaria das 500 liras bimetálicas:[10][11][12]
|
|
|
Aínda que a cuñaxe desta moeda para a súa posta en circulación cesou en 1995, nos anos 2000 e 2001 retomouse a produción unicamente para formar parte das presentacións anuais en estoxos destinadas ao coleccionismo numismático, que se venderon a un prezo superior ao do valor facial. As tiraxes destes dous anos foron de 71.400 e de 110.000 exemplares, respectivamente.[10][11][12]
Emisións conmemorativas circulantes
[editar | editar a fonte]Entre os anos 1993 e 1999 emitíronse, tamén con carácter circulante, versións conmemorativas da moeda de 500 liras bimetálicas, co motivo conmemorado no centro e lendas alusivas no aro exterior. Todas estas moedas responden aos mesmos parámetros métricos que a emisión ordinaria, coa que comparten, así mesmo, o deseño do anverso.
Banco de Italia
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1993.
- Motivo: centenario da fundación do Banco de Italia en 1883.
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: no centro, monograma do Banco de Italia coas datas do aniversario a ambos os lados.Lenda: CENTENARIO DELLA BANCA D'ITALIA / 1893 / 1993 / L. 500
- Gravador: Sergio Grossi.
- Tiraxe: 90.058.500 exemplares.
Luca Pacioli
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1994.
- Motivo: 500 aniversario da publicación de Summa de arithmetica, geometria, proportioni et proportionalita (1494), de Luca Bartolomeo de Pacioli.
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: no centro, retrato de Luca Pacioli cun pobo ao fondo, e coas datas do aniversario a ambos os lados. Lendas: LVCA PACIOLI / 1494 / 1994.
- Gravadora: Uliana Pernazza.
- Tiraxe: 50.053.000 exemplares.
ISTAT
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1996.
- Motivo:70 aniversario da creación do Instituto Nacional de Estatística de Italia.
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: no centro, vista frontal da fachada do edificio do Instituto Italiano de Estatística, coas datas e o logotipo do aniversario debaixo. Lendas: ISTITUTO NAZIONALE DI STATISTICA / 1926 / 1996 / 70 ISTAT / L. 500
- Gravadora: Claudia Momoni.
- Tiraxe: 96.808.000 exemplares.
Policía de Tráfico
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1997.
- Motivo: 50 aniversario da creación da Policía de Tráfico de Italia en 1947.
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: no centro un centauro arqueiro cara á esquerda inserido nun cadrado, símbolo da rama de Tráfico, e debaixo o escudo de armas da Policía Italiana, coas datas do aniversario a ambos os lados.. Lendas: L. 500 / POLICIA DI STATO / POLIZIA STRADALE / 1947 / 1997.
- Gravadora: Maria Carmela Colaneri.
- Tiraxe: 40.051.950 exemplares.
FAO - IFAD
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1998.
- Motivo: vixésimo aniversario da creación do Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (IFAD).
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: no centro, man aberta coa palma cara a arriba, sostendo espiga e talos de sorgo; sobre ela un Sol e unha espiga de trigo torta, formando o número 20, os anos do aniversario. Lendas: IFAD / 1978 / 1989 / L. 500
- Gravadora: Luciana de Simoni.
- Tiraxe: 100.009.000 exemplares.
Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]
- Ano: 1999.
- Motivo: vixésimo aniversario das primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, o 13 de xuño de 1979.
- Anverso: deseño da serie ordinaria.
- Reverso: urna na que se introducen estrelas, no canto de papeletas; debaixo unha representación esquemática dos escanos do Parlamento Europeo en forma de vela, e debaixo a bandeira da Unión Europea rodeada polas datas do aniversario. Lendas. L. 500 / 1979 / 1999 / 13 GIUGNO / ELEZIONI DEL PARLAMENTO EUROPEO.
- Gravadora: Luciana de Simoni.
- Tiraxe: 50.008.500 exemplares.
Emisións da República de San Marino
[editar | editar a fonte]Antes da asunción do euro, a República de San Marino tivo como unidade monetaria oficial a liga sanmarinesa, cun valor fixo ligado ao da lira Italiana. En virtude dunha convención monetaria asinada por ambos os países o 10 de tetembro de 1971 e logo convertida en lei, o Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato cuñou modelos propios para San Marino, coas mesmas características métricas que as da moeda italiana.[25]
Existen 20 modelos diferentes das moedas de 500 liras cuñadas para San Marino, emitidas anualmente de xeito ininterrompido desde 1982 ata 2001.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "500 Lire (silver)". Numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "500 Lire (Caravelle - flags flying right)". Colnect.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "500 Lire Argento". MoneteRare.net
- ↑ "Portrait medal of Cecilia Gonzaga". The Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "500 Lire Trial strike; caravelle upwind flags". Numista.com
- ↑ "500 Lire Unification Centennial". Numista.com
- ↑ "500 Lire (Italian Unification Centennial)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire Dante Alighieri". Numista.com
- ↑ "500 Lire (700th Birth anniv. of poet Dante Alighieri)". Colnect.com
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "500 Lire (bimetalic)". Numista.com
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "500 Lire (bimetalic)". Colnect.com
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 "500 Lire Bimetalliche Italiane". MoneteRare.net
- ↑ "500 Lire Bank of Italy Centennial". Numista.com
- ↑ "500 Lire (Bank of Italy)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire Luca Pacioli". Numista.com
- ↑ "500 Lire (500th ann. of mathematical textbook of L. Pacioli)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire I.S.T.A.T.". Numista.com
- ↑ "500 Lire (National Institute of Statistics)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire Italian Traffic Police". Numista.com
- ↑ "500 Lire (50th Anniversary of National Police code)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire F.A.O. - IFAD". Numista.com
- ↑ "500 Lire (20 years IFAD)". Colnect.com
- ↑ "500 Lire European Parliament Elections". Numista.com
- ↑ "500 Lire (20 yrs. Election of EC Parliament)". Colnect.com
- ↑ "§ 94.1.470 - Legge 13 dicembre 1972, n. 816". http://www.edizionieuropee.it
- ↑ "500 lire bimetallic". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de 500 liras italianas ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boasso, A. (2008). Catalogo Alfa delle Monete italiane e Regioni. 33ª ed. Alfa Edizioni, Turín. ISBN 978-8888032092
- Gigante, F. (2022). Gigante 2023. Catalogo nazionale delle monete italiane dal '700 all'euro. Gigante Editore. ISBN 978-8889805442
- Montenegro, E. Montenegro 2022. Manuale del collezionista di monete italiane. 38ª ed. Torino, Edizioni Montenegro. ISBN 978-8888894034