Guido Veroi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guido Veroi
Nacemento16 de novembro de 1926
  Roma.
Italia Italia
Falecemento16 de xaneiro de 2013 (86 anos)
 Roma.
Italia Italia
ÁreaGravado de moedas e medallas.
EducaciónEscola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli.
NacionalidadeItalia Italiano
Sinatura
Marca de gravador (VEROI) nunha moeda de 2 euros do Vaticano.
editar datos en Wikidata ]


Guido Veroi, nado en Roma o 16 de novembro de 1926 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 2013, foi un escultor, gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guido Veroi estudou medallística da man do mestre Pietro Giampaoli na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado.[1]

Aínda que as súas obras máis frecuentes e recoñecidas son moedas e medallas,[2][3] é tamén autor de traballos tan diversos como vidreiras, mosaicos, cerámica e pezas de bronce.[1] En Martina Franca, Tarento, traballou no mosaico e na vidreira da igrexa parroquial da Sagrada Familia.[4]

Reverso da moeda de 500 liras de 1958.[5]

A súa obra máis recoñecida é a moeda de 500 liras de prata de 1958, creada en conxunto con Pietro Giampaoli. En tanto que este último creou o seu anverso, Veroi é o autor do reverso, caracterizado pola representación das carabelas de Colón.[1]

Moeda de 500 liras do centenario da unificación italiana (1961).[6]

Nunha nova colaboración co Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Veroi creou outra das súas moedas máis significativas, a de 500 liras de 1961 conmemorativa do centenario da unificación italiana, da que se ocupou tanto do anverso como do reverso.[1]

Outros dos seus traballos salientables máis recentes son a moeda de 20 liras de 1981 conmemorativa do Día Internacional da Alimentación da FAO,[7] así como o anverso da serie de moedas en euros do Vaticano de 2002 coa efixie de Xoán Paulo II, creado xunto con Uliana Pernazza.[8] Geroi foi tamén autor de diversas moedas, tanto circulantes como conmemorativas, para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.[9][10]

Guido Veroi finou en Roma aos 86 anos o 16 de xaneiro de 2013, na súa casa de Roma.[11][12][13]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Guido Veroi". http://mebnet.altervista.org
  2. Gimeno Marco, F. (1979). "Ejemplos de medallas de Guido Veroi, singular medallista". En Goya. Revista de Arte. Nº 151. Páxinas 9-11. ISSN 0017-2715
  3. Catálogo de moedas e medallas deseñadas por Veroi. Numismatica-italiana.lamoneta.it
  4. "Santa Famiglia. 40 anni di storia: la chiesa, il mosaico, la radio". En Lo Stradone. 19 de novembro de 2012.
  5. "500 Lire (silver)". Numista.com
  6. "500 Lire Unification Centennial". Numista.com
  7. "200 Lire FAO - World Food Day". Numista.com
  8. "2 Euro - Ioannes Paulus II". Numista.com
  9. Wartemberg, U. (2014).
  10. Moedas deseñadas por Guido Veroi. Numista.com
  11. "Morto lo scultore Guido Veroi". Artslife.com. 22 de xaneiro de 2013
  12. "E’ morto lo scultore Guido Veroi". ViP.it
  13. "E' morto a Roma Guido Veroi. Realizzò la Medaglia di San Giuliano". En ChronacheMaceratesi.it. 24 de xaneiro de 2013.
  14. "Recipients of the Saltus Medal Award". American Numismatic Society.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]