Acmonital
O acmonital (acrónimo do italiano: acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano") é unha aliaxe monetaria, variante do aceiro inoxidable tradicional, utilizada para a cuñaxe de moedas con valores faciais expresados en liras italianas.[1][2] Tamén se atopa en moedas circulantes do Vaticano e San Marino, e da Albania baixo a dominación Italiana.[3]
Composición
[editar | editar a fonte]O acmonital é un tipo de aceiro inoxidable á base de cromo, ferro e ás veces níquel, e con pequenas proporcións de carbono, magnesio, silicio, xofre e fósforo, que ten dúas manifestacións diferentes en función de cales sexan os seus compoñentes principais e as súas porcentaxes, con cadanseu código AISI do American Iron and Steel Institute:[3][4]
- AISI 304: aliaxe non magnética, cun 72 % de ferro, un 18 % de cromo e un 10 % níquel; máis dura e pesada, polo seu contido en níquel.[5]
- AISI 430: aliaxe con propiedade magnética, composta por un 82 % de ferro e un 18 % de cromo.[6]
Uso na moeda italiana
[editar | editar a fonte]O acmonital deseñouse para a cuñaxe de moedas italianas na Zecca dello Stato, de Roma, a partir de 1939 a nome de Vítor Manuel III, concretamente os valores de 20 e 50 centésimos, e de 1 e 2 liras.[1][7] Estas primeira cuñaxes producíronse en acmonital non magnético (código 304).[3]
As emisións posteriores a 1940 producíronse con acmonital magnético (AISI 430), de menor dureza e menor peso que as anteriores, ao careceren de níquel na súa composición. Neste segundo período serviu para a cuñaxe das moedas de 50 e de 100 liras da República Italiana e para a parte exterior da moeda bimetálica de 500 liras (esta desmonetizada en 1998), as derradeiras series en liras antes da implantación do euro.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Coins of steel alloy for Italy". En The New York Times. 4 de xuño de 1939.
- ↑ "Acmonital". Bolaffi Collezionismo.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Acmonital / Acmonitalmünzen". BTN Münzen.
- ↑ 4,0 4,1 "Il Nickel e le sue Leghe nella Monetazione Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". Società Numismatica Italiana.
- ↑ "AISI 304 (S30400) Stainless Steel". MakeltFrom.com
- ↑ "AISI 430 (S43000) Stainless Steel". MakeltFrom.com
- ↑ "Acmonital". En Sapere.it