Laura Cretara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Cretara
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Laura Cretara, nada en Roma o 28 de decembro de 1939, é unha escultora, gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laura Cretara herdou do seu pai, o pintor e gravador Francesco Cretara, o seu interese pola arte do gravado. A súa formación artística transcorreu en tres prestixiosas entidades romanas, o Liceo Artístico, a Academia de Belas Artes e, finalmente, a Escola de Arte Medieval, con mestres como Gatusso, Fazzini ou Giampaoli.[2][3][4][5]

Logo do seu período formativo, en 1961 entrou a formar parte do cadro de gravadores da Casa da Moeda do Estado, onde comezou a deseñar e gravar medallas e moedas dun xeito profesional. Cretara foi a primeira muller en crear unha moeda italiana.[2][3][4][5]

Moeda de 500 (1982-1985)

Entre 1976 e 2004 Laura Cretara dirixiu a Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato,[5] e en 1987 asumiu o cargo de directora artística da ceca pública italiana e do seu museo nomismático.[2][3][4]

En 2006 foi designada membro, en condición de experta, da Comisión Permanente Técnico-Artística do Ministerio de Economía e Facenda de Italia.[2][4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria profesional, Laura Cretara foi merecedora de numerosos recoñecementos, entre eles os seguintes:[2][4]

Honras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • (1997) Premio Albino Bazzi, do Círculo Filatélico e Numismático Mantovano.[8]
  • (2007) Premio Santo Elixio, do Colexio Prateros e Ourives Romanos.
  • (1998) Premio Ruota d'Oro, do Rotary International Club.[9]
  • (2005-2006) Premio Profeti in Patria á excelencia, da República Italiana.
  • Premio Internacional á Traxectoria da Feira Numismática de Vicenza.

Obra[editar | editar a fonte]

Moeda[editar | editar a fonte]

Anverso do euro de 2002 co Home de Vitruvio de Leonardo.[10]

Cretara é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano, a República de San Marino e Haití.[2][3][11]

Entre as súas obras máis populares está a moeda circulante de 500 liras bimetálica que se cuñou entre 1982 e 1995, cuxo anverso foi retomado para posteriores versións conmemorativas desta moeda.[12]

Outra das súas creacións máis recoñecibles é o anverso nacional italiano da moeda dun euro que reproduce a figura do Home de Vitruvio de Leonardo.[2][4][10]

Medalla[editar | editar a fonte]

Aínda que é máis coñecida polas súas moedas, Laura Cretara ten tamén unha nutrida produción de medallas ao longo da súa carreira, entre as que destacan as creadas para a Presidencia da República, para o Goberno italiano, para o centenario do Banco de Italia ou para as celebracións do cambio de milenio e do Ano Santo de 2000.[2]

Escultura[editar | editar a fonte]

Como escultora, Cretara creou unha grande obra de prata conmemorando o Ano Internacional da Paz de 1983, que se atopa no edificio das Nacións Unidas en Nova York.[5] Outra das súas esculturas de gran tamaño, dedicada á investigación científica (1992) eríxese no Policlínico Umberto I de Roma.[2]

Pola súa banda, na República de San Marino, a igrexa de Santa Bárbara acolle dous dos seus grandes relevos de bronce, creados por Cretara en 1995.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Laura Cretara". The British Museum.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Laura Cretara". En Balbi de Caro, S. (2008).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Laura Cretara". Mebnet.altervista.org
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Laura Cretara". Maestro d'Arte e Mestiere (MAM).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mattoni, R. (2015). "Laura Cretara: Art in a Coin Arquivado 29 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Picchianiebarlacchi.com
  6. "Gli ordini Equestri: Archivio Onorificenze". Segrataria di Stato per gli Affari Esteri (San Marino).
  7. "Onorificence: Commendatore Ordine al Merito della Repubblica Italiana". Presidenza della Repubblica.
  8. "Premio Albono Bazzi". Circolo Filatelico Numismatico Mantovano.
  9. "I Vincitori de 'La Ruota d'Oro' 1986-2009 Arquivado 29 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". La Ruota d'Oro. Rotary Club Roma Sud-Ouest.
  10. 10,0 10,1 "1 Euro". Numista.com
  11. Catálogo de moedas deseñadas por Laura Cretara. Numista.com
  12. "500 Lire (bimetalic)". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]