Barlovento (meteoroloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Direccións de situación de barlovento e sotavento nun veleiro.

Barlovento[1] refírese ó lugar de onde ven o vento. Foi usado en orixe na fala mariñeira, opoñéndose ó de sotavento. Así, a expresión a barlovento significa de cara ó vento e a sotavento significa de costas ó vento, cara onde se dirixe, relacionándose en comezo coas embarcacións de vela e logo sendo estendido a outros quefaceres (xeomorfoloxía, climatoloxía, caza... ). F. J. Monkhouse define este termo como o costado de onde sopla o vento. Oposto a sotavento [[2]]. En xeral, é un termo moi usado en xeografía física e en topónimos de lugares ou rexións orientadas, en xeral polo relevo, cara ós ventos dominantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barlovento.
  2. F. J. Monkhouse. Diccionario de términos geográficos. Vilassar de Mar (Barcelona): Oikos-Tau S. A. - Ediciones, 1978, p. 51

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.