Saltar ao contido

Universidade Pompeu Fabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade Pompeu Fabra
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
 Lingua usada
 Cargo dirixente
Implicados
 Fundador/a
Estudantes15801 (2019) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Afiliación
Europaeum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
18 de xuño de 1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
Identificadores
VIAF142079581 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121722676 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h3xy Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI170486558 e P4310321102 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: UPFBarcelona Twitter: upfbarcelona Instagram: upfbarcelona Bluesky: upf.edu BNE: XX142870 Dialnet: 819106 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Marca Universitat Pompeu Fabra - Barcelona

A Universidade Pompeu Fabra (UPF) é unha universidade pública catalá situada en Barcelona. Academicamente trátase dunha das universidades máis prestixiosas de España así como tamén a nivel europeo, quedando en primeiro lugar na clasificación estatal de produtividade científica no ano 2009.[Cómpre referencia] O seu nome rende homenaxe a Pompeu Fabra, lingüista catalán e autor do dicionario que leva o seu nome.

Centros docentes

[editar | editar a fonte]

A Universidade conta con sete facultades:

  • Humanidades
  • Ciencias da Saúde e da Vida
  • Ciencias Económicas e Empresariais
  • Ciencias Políticas e Sociais
  • Comunicación
  • Dereito
  • Tradución e Interpretación

Ademais conta cunha escola superior politécnica, oito departamentos (Economía e Empresa, Dereito, Ciencias Políticas e Sociais, Humanidades, Ciencias Experimentais e da Saúde, Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, Comunicación, Tradución, Ciencias da Linguaxe), catro institutos universitarios de investigación (Instituto Universitario de Cultura, Instituto Universitario de Historia Jaume Vicens Vives, Instituto Universitario de Lingüística Aplicada, Instituto Universitario do Audiovisual), dúas plataformas interuniversitarias de posgrao (Instituto Barcelona de Estudos Internacionais -IBEI- e Barcelona Graduate School of Economics -Barcelona GSE-), e un instituto de educación continua propio (IDEC).

Centros adscritos

[editar | editar a fonte]
  • Escola Superior de Comercio Internacional -ESCI-
  • Elisava Escola Superior de Deseño
  • Escola Universitaria do Maresme -EUM-
  • Escola Universitaria de Enfermería do Mar -EUIM-
  • Escola Superior de Ciencias da Saúde -ESCS-

Titulacións

[editar | editar a fonte]

Actualmente, pódense cursar 19 titulacións de grao, 37 másteres oficiais e 9 programas de doutoramento, así como preto de sesenta programas de máster propios.

A UPF estrutura os seus estudos ao redor de tres campus e tres ámbitos de coñecemento:

  • Ciencias sociais e humanas (campus da Ciutadella);
  • Ciencias e tecnoloxías da información e a comunicación (campus da Comunicación - Poblenou)
  • Ciencias biomédicas (campus do Mar).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]