Tres disparos e dous friames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tres disparos e dous friames
Autor/aMiguel Anxo Fernández Fernández
CubertaManuel Janeiro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 259
Xénero(s)Novela negra
EditorialGalaxia
Data de pub.maio 2008
Formatorústica con lapelas
Páxinas232
ISBNISBN 978-84-9865-094-5
Precedido porLuar no inferno
Seguido porLume de cobiza
editar datos en Wikidata ]

Tres disparos e dous friames é unha novela negra de Miguel Anxo Fernández Fernández, publicada en maio de 2008. É a terceira entrega das aventuras do detective de orixe galega residente en Los Angeles Frank Soutelo.

Trama[editar | editar a fonte]

Frank Soutelo recibe a visita de Sarah, unha rapaza dunha familia ben da costa leste, que se mudou a Hollywood co propósito de facerse actriz. Solicítalle ó detective que consiga que o seu produtor deixe de abusar sexualmente dela.

O produtor cede ás ameazas de chantaxe de Frank Soutelo, pero no último intre aparece a súa esposa con Sarah. A esposa mata ó seu marido, golpea a Frank coa culata do seu Magnum, e mata a Sarah, escapando cos cartos do seguro de falecemento do marido.

Frank Soutelo perséguea para recuperar o seu millón de dólares. Para iso vai primeiro a Boston, onde se entrevista coa nai de Sarah, e posteriormente a Papeete, na Polinesia Francesa.

Narración[editar | editar a fonte]

Neste libro Frank Soutelo vese acosado desde o principio polas mulleres, practicando o coito con Sarah e recibindo unha felación da muller do produtor. Como nos libros anteriores, reitera o seu gusto polo sexo, así como pola gastronomía galega e polo cine.

Retoma os turbios asuntos de Hollywood que xa analizara en Luar no inferno, como a contratación de mozas que rematan explotadas sexualmente ou a dobre moral dos produtores.

Nesta obra non conta coa axuda de Pat Pérez, a súa secretaria, pero coñece a novos amigos, tamén galegos, que o axudan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]