Luar no inferno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luar no inferno
Autor/aMiguel Anxo Fernández Fernández
CubertaManuel Janeiro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 236
Xénero(s)Novela negra
EditorialGalaxia
Data de pub.outubro de 2006
Formatorústica con lapelas
Páxinas242
ISBNISBN 978-84-8288-928-3
Precedido porUn nicho para Marilyn
Seguido porTres disparos e dous friames
editar datos en Wikidata ]

Luar no inferno é unha novela negra escrita en 2006 por Miguel Anxo Fernández Fernández. É a segunda entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.

Trama[editar | editar a fonte]

Frank Soutelo recibe a visita do seu sobriño Robert, un mozo director de cine independente cun valioso contrato cunha gran produtora para facer unha película, pero con pouca liberdade á hora de rodar. Robert ten un guión sobre a contratación de mozas mexicanas que chegan enganadas a Hollywood, onde terminan facendo películas porno, explotadas como prostitutas, ou asasinadas en snuff movies. Ó produtor non lle interesa que iso saia á luz, pero como o detective descobre, por algo persoal.

Narración[editar | editar a fonte]

O famoso rótulo que anuncia Hollywood.

No libro amósase de primeira man o mundo das altas esferas da produción de Hollywood, e as relacións cos magnates da prostitución, empresas funerarias, e policías corruptos. Así mesmo, critícase non só a explotación de persoas, senón tamén o engano á cidadanía estadounidense mediante os tratos de favor, compras de silencio, e outros métodos de corrupción. Tamén aparece o FBI, ó que tamén critica pola súa irresponsabilidade á hora de protexelo, e o CSI.

O libro está narrado en primeira persoa, pero con moitas chiscadelas* ó lector. Ten moita acción, sen recrearse moito nas paisaxes, como Raymond Chandler, senón que fala máis do estado anímico do detective. Como todo bo detective que se precie, sempre di a última palabra, sen dubidar á hora de coller ó inimigo pola solapa da chaqueta, pero recibe unhas cantas puñadas. Pero, malia que os devolve, non remata sempre con frases que pasen á posteridade. Destacan, máis que esas, frases galegas, co espírito de "depende", "amiguiños si...", ou "arrieiros somos...".

Narra moi ben os momentos de acción, mesmo con coñecementos de balística ou anatomía, aparición de bombas en caixas de DVD's, ou persecucións.

O autor describe moi ben os barrios da cidade californiana, como nas historias de Chandler, Charles Bukowski ou John Fante. Conta con referencias explícitas a clásicos do cine e a literatura, como Frank Kapra, non só en referencia á acción, senón tamén como homenaxe ós mestres. Tamén hai homenaxes ademais de á gastronomía, á cultura galega, como Luar na Lubre ou os viños da terra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na páxina da editorial.