Un nicho para Marilyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un nicho para Marilyn
Título orixinalUn nicho para Marilyn
Autor/aMiguel Anxo Fernández Fernández
CubertaManuel Janeiro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 187
Xénero(s)Novela negra
EditorialGalaxia
Data de pub.xaneiro 2003
Formatorústica con lapelas
Páxinas144
ISBNISBN 978-84-8288-672-5
Seguido porLuar no inferno
editar datos en Wikidata ]

Un nicho para Marilyn é unha novela negra escrita por Miguel Anxo Fernández Fernández publicada en xaneiro de 2003. É a primeira entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.

Trama[editar | editar a fonte]

Frank Soutelo recibe o encargo dunha señora maior, ex-actriz de segunda fila, de atopar o cadáver de Marilyn Monroe, dado que o seu nicho está baleiro.

O detective indaga no camposanto máis famoso dos Ánxeles, cheo de restos de famosos de Hollywood. Alí contacta con Tabasco, un policía de orixe mexicana adscrito a unha brigada especial. Dita brigada encárgase de loitar contra o contrabando de cadáveres, algo común entre necrófilos e entre xente podente que desexa ter os restos dos seus seres adorados.

Narración[editar | editar a fonte]

O libro está narrado en primeira persoa, pero con moitas chiscadelas* ó lector. Porén, en certas ocasións trátase dun narrador omnisciente, que coñece os sentimentos e situacións que non coñece o detective, narrador principal. Malia todo, recoñece que para a narración, non escrita de modo voluntario, senón que foi requirida por unha editorial, foi axudado por varios "negros"·

Ó ser a primeira aventura da saga, ocupa certo tempo en presentarse. Fala da súa orixe e do seu pasado, así como de como coñeceu á súa secretaria e de relación entre eles.

O detective coñece moi ben a cidade californiana polos seus tempos de policía, pero tamén coñece bos restaurantes rexentados por galegos. Axudado pola súa secretaria Pat, desenvólvese ben en diferentes ambientes, utilizando diferentes vehículos e traxes segundo a situación o requira.

Ademais de moitas referencias cinematográficas, tamén hai homenaxes á cultura galega, como na gastronomía ou na música.

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]