Alfredo García Pinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfredo G. Pinal»)
Alfredo G. Pinal
Nome completoAlfredo García Pinal
Nacemento1962
LugarO Carballiño, Ourense, Galicia
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade Complutense de Madrid
ProfesiónDirector de cine e profesor
Na rede
IMDB: nm0305815 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alfredo García Pinal, nado no Carballiño en 1962, é director de cine e guionista galego. É coñecido por codirixir Urxa (1989), a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro. Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da información (Rama de Imaxe) pola Universidade Complutense de Madrid. Crítico de cine no xornal La Voz de Galicia (edición de Pontevedra) baixo o pseudónimo de “8 y cuarto” ó longo de catro anos (1983-1987). Participou activamente -colaborando ou dirixindo- en boa parte das curtametraxes cinematográficos da década dos 80. En 1989 codirixiu Urxa, a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro.

En 1993 funda en Pontevedra a empresa "Síntese Video Infografía", que produce animación 3D para vídeo e publicidade. A partir dese ano, alterna a produción infográfica coa realización free-lance de anuncios publicitarios e vídeos corporativos e institucionais.

Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, da EGACI (Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia), onde imparte a sinatura de dirección, e na EISV (Escola de Imaxe e Son de Vigo).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1984. "El incidente" (vídeo) CM.
  • 1984. "Madrid 2" (vídeo).
  • 1984. "Morrer no mar" (35 mm).
  • 1989. Urxa, codirección con Carlos Piñeiro (35 mm).
  • 1993. "A barbeiría" (35 mm).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]