Frank Soutelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Frank Soutelo é o nome dun detective de ficción creado por Miguel Anxo Fernández Fernández. Protagoniza as novelas Un nicho para Marilyn (2002), Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame, Frank (2013) e Un dente sen cadáver (2016), as seis publicadas pola Editorial Galaxia.

Perfil[editar | editar a fonte]

O seu pai é de Soutelo de Montes e a súa nai de Muros. Naceu e criouse en Nova York, onde foi policía, pero vive en Malibú, nas aforas dos Ánxeles. Participou na guerra de Vietnam como marine, e estivo casado.

Gústanlle os coches bos, pero non tanto polo feito de que sexan bos, senón porque lle permiten acadar altas velocidades, ou entrar en sitios exclusivos. Así mesmo, ten tamén un amplo fondo de armario para poder adaptarse a diferentes situacións. Adoita levar un .357 Magnum.

Sen ser Pepe Carvalho, gústalle o bo comer, con referencias continuas á gastronomía galega. Frecuenta o restaurante "Peirao", rexentado por un amigo cambadés. Musicalmente ten gustos moi diversos. Tanto escoita Luar na Lubre como Leonard Cohen ou mesmo hip hop. Malia a súa idade mantense en forma, se ben sexualmente recoñece xa non ser o que foi. Bebe con frecuencia whisky Bourbon, pero non fuma.

Non é bo fotógrafo, pero conta coa axuda doutra galega, a súa secretaria Pat. Unha muller moi valente, activa, e atraída polo seu patrón, sen que este lle faga moito caso. Economicamente solvente, non dubida en ser desprendido cun rapaz do barrio, boa fonte de información, ou cos camareiros que poden esbozar un sorriso por 20 dólares.

Como Philip Marlowe ou Hank Chinaski, aposta ós cabalos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]