Alicia Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alicia Alonso
Alicia Alonso 1955.jpg
Nome completoAlicia Ernestina de la Caridad del Cobre Martínez del Hoyo
Nacemento21 de decembro de 1920
 A Habana
NacionalidadeCuba
Alma máterSchool of American Ballet
Ocupacióncoreógrafa, bailarina de ballet, empresaria, mestre de ballet, ballerina, prima ballerina assoluta e Coreografía
CónxuxeFernando Alonso
PremiosOrdem de José Martí, Orde de Isabel a Católica, Order of Vasco Núñez de Balboa, Lexión de Honra, Ordem da Águia Asteca e Commandeur des Arts et des Lettres‎
editar datos en Wikidata ]

Alicia Ernestina de la Caridad del Cobre Martínez del Hoyo, nada na Habana o 21 de decembro de 1920,[1] é unha bailarina e coreógrafa cubana coñecida como Alicia Alonso, Prima Ballerina do Ballet Nacional de Cuba, famosa polas súas representacións de Giselle e Carmen, ademais doutras grandes obras do repertorio clásico e romántico.[2] Está considerada a figura principal do ballet en Latinoamérica e un dos grandes mitos da danza.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Alicia Alonso naceu na Habana en 1921, filla de país españois. Era a máis nova de catro irmáns. A súa irmá máis vella, Blanca María Martínez del Hoyo, alcumada «Cuca» pola familia, nacera dous anos antes e tamén se iniciou no ballet con Alicia. Os seus outros dous irmáns chamábanse Elizardo e Antonio.[4] Comzou a aprendizaxe da danza aos nove anos.

Alonso comezou os seus estudos de ballet na Sociedad Pro-Arte Musical, fundada con achegas privadas por María Teresa García Montes na Habana, con Nikolai Yavorsky,[5] e bailou en Cuba co nome de Alicia Martínez. Despois de casar con Fernando Alonso nos Estados Unidos cando tiña quince anos, cambiou o seu apelido polo de Alonso. Cando Alicia chegou á cidade de Nova York estudou con Anatole Vilzak e Ludmilla Shollar na escola do American Ballet Theater e despois con Vera Volkova en Londres.[6]

En Nova York, Alonso iniciou a súa carreira bailando nos musicais de Great Lady en 1938 e Stars in your eyes en 1939. Foi solista no American Ballet entre 1939 e 1940.

Dende os dezanove anos padeceu un defecto nun ollo, polo que era parcialmente cega. Ao longo da súa vida artística tivo como parellas grandes figuras masculinas da danza que ademais de seren bailaríns excepcionais tamén foron atentos compañeiros de escena que sabían sortear as dificultades visuais da súa parella. Todos eles volvéronse expertos en axudar a Alonso a ocultar a súa cegueira.[6]

Para compensar esa carencia de visión periférica adestraba os seus acompañantes para que estivesen exactamente onde ela os necesitaba. Tamén fixo que os deseñadores instalasen no escenario fortes luces de diferentes cores a modo de guía.[7]

No American Ballet Theatre[editar | editar a fonte]

Alonso foi unha dos membros fundadores do American Ballet Theatre en 1940 e en 1943 converteuse nunha das súas bailarinas máis destacadas. O 2 de novembro dese mesmo ano, Alonso protagonizou a famosa substitución en Giselle que debeu ser interpretada por outra grande, Alicia Markova, que non puido bailar, sendo o papel asumido por Alonso. Dende entón, fíxose mundialmente famosa coa personaxe da inocente campesiña, enganada e convertida en Willy. No American Ballet, Alonso recreou papeis principais na obra de Anthony Tudor Undertow e en Theme and Variations de George Balanchine, unha das súas máis grandes creacións. Debido a unha enfermedad que tivo Nora Kaye, Alonso puido bailar como "prima ballerina" en Fall River Legend de Agnes De Mille en 1948. No American Ballet Theater puido traballar con Michel Fokine, George Balanchine, Léonide Massine, Bronislava Nijinska, Anthony Tudor, Jerome Robbins e Agnes de Mille, ademais doutros coreógrafos relevantes do século XX. A parella formada por Alicia e Igor Youskevitch foi un dos mellores equipos e xunto a el puido participar nos Ballets Russes en Montecarlo en 1955.

Artista consagrada[editar | editar a fonte]

Entre 1955 e 1959, Alonso bailou cada ano cos Ballets Russes de Montecarlo como estrela convidada. Foi a primeira bailarina do hemisferio occidental en actuar na Unión Soviética e a primeira representante americana en bailar co Bolshoi e o Kirov nos teatros de Moscova e Leningrado en 1957 e 1958 respectivamente. Durante décadas Alicia Alonso continuou a facer xiras mundiais en países europeos, en Asia, en Norte e Suramérica e bailou como estrela convidada no Ballet da Ópera de París, co Royal Danish Ballet, co Bolshoi e con outras moitas compañías.

Representou as súas versións Giselle, o Grand Pas de Quatre e Spiashchaia krasavitsa para a Ópera de París entre outras. Tamén representou Giselle na Ópera de Viena e no teatro San Carlo de Nápoles; La Fille Mal Gardée na Ópera de Praga e Spiashchaia krasavitsa no Teatro alla Scala en Milán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alicia Alonso, la "prima ballerina" latinoamericana, cumple 90 años". elimparcial.es (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2019. 
  2. "Alicia Alonso (Cuban dancer)". Britannica Online Encyclopedia (en inglés). 21 de decembro de 2010. 
  3. Mary Clarke; David Vaughan, ed. (1977). "The encyclopedia of dance & ballet". Londres: Pitmans: 16. ISBN 978-0399119552. 
  4. Cuban Ballet, Octavio Roca, p.Modelo:Esd33. (Gibbs Smith, 2010).
  5. R., Marcos (maio de 1953). "El ballet en Cuba a través de Pro-Arte". Pro-Arte Musical (A Habana) 1: 39. 
  6. 6,0 6,1 Slotnik, Daniel (2 de agosto de 2013). "Fernando Alonso, a Founder of Cuban Ballet, Dies at 98". New York Times (New York, NY). Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  7. "Enciclopedia británica. Alicia Alonso" (en inglés). 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]