Martiño Lutero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Martín Lutero")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Martiño Lutero
Martiño Lutero
Lutero aos 46 anos (Lucas Cranach o Vello, 1529)
Nacemento: 10 de novembro de 1483
Eisleben, Alemaña Alemaña
Falecemento: 18 de febreiro de 1546 (aos 62 anos)
Eisleben, Alemaña Alemaña
Nacionalidade: Alemá
Ocupación: Teólogo
Cónxuxe(s): Catalina de Bora

Martiño Lutero ou Martin Luther, e inicialmente Martin Luder, nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, foi un teólogo alemán. É o pai espiritual da Reforma Protestante e a súa influencia foi enorme nas doutrinas e cultura da tradición luterana e protestante en xeral. Como monxe agostiño tornouse teólogo e quería alcanzar reformas, vistas como necesarias, sen inicialmente pretender dividir a igrexa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sinatura

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo de Margarida Siegler e Hans Luder, mineiro de extracción labrega, en 1484 a súa familia trasladouse a Mansfeld e a familia de Lutero vai ascendendo en posición social, converténdose o seu pai en propietario dunha mina, o que permite ao mozo Martin estudar na Universidade de Erfurt e máis na de Wittemberg e a pesar da pretensión do seu pai de estudar leis profesa na orde agostiña en 1505, ordenándose sacerdote en 1507, foi profesor de filosofía en Erfurt e Wittemberg e desde 1511 profesor das Sagradas Escrituras en Wittemberg, durante esa época prodúcese unha crise relixiosa e comeza a ensinar que a salvación é un regalo da graza de Deus a través tan só da fe e que proxectou ao exterior a través da loita contra as indulxencias, o 31 de outubro de 1517 escribiulle ao arcebispo de Mainz e Magdeburgo protestanto pola venda de indulxencias no seu arcebispado e invitándolle a discutir sobre o asunto, incluíulle unha copia dos 95 teses e segundo a tradición cravou outra copia na porta da Igrexa de Wittemberg.

Proceso romano[editar | editar a fonte]

Martiño Lutero como monxe agostiño en 1520

En xuño de 1518 abriuse o proceso contra Lutero, con base na publicación das súas 95 Teses por posible herexía, rexístranse os seus apuntamentos de clase na procura de comentarios negativos de Lutero sobre a excomuñón. Despois diso, en agosto de 1518, o proceso altérase para herexía notoria. As autoridades eclesiásticas citan en Roma a Lutero para que desminta a súa doutrina.

Lutero recusa desprazarse alegando razóns de saúde e pretende unha audiencia en territorio alemán. O seu pedido baséase no argumento (Gravamina) da nación alemá. O seu pedido foi aceptado, el será convidado para unha audiencia co cardeal Caetano, durante as cortes (Reichstag) imperiais de Augsburg. Entre o 12 e 14 de outubro de 1518, Lutero fala a Caetano. Este pídelle que revoque a súa doutrina. Lutero non o fará.

Do lado romano, o caso ficou aquí. Por causa da morte do emperador Maximiliano I (xaneiro de 1519), haberá unha pausa de dous anos. O emperador decidira que o seu sucesor sería Carlos (o futuro Carlos V). Por causa das pertenzas de Carlos en Italia, o papa renacentista León X receaba que encerrase os estados da Igrexa e procuraba evitar que os príncipes-electores alemáns (Kurfürsten) renunciasen a elección de Carlos. O papel protector de Lutero de Frederico, o sabio levou a que Roma pedise a Karl von Miltiz que interferise perante o príncipe por unha solución razoábel. Despois da escolla de Carlos V como emperador (26 de xuño de 1519), o proceso de Lutero volverá a reactivarse.

En xuño de 1520 reaparece a ameaza no escrito "Exsurge Domini", en xaneiro de 1521 a bula "Decet Romanum Pontificem". Con ela excomungouse a Lutero. Seguiuse a ameaza oficial do emperador (Reichsacht).

Notábel é no entanto que Lutero terá sido máis unha vez recibido en audiencia, que tamén deixou claras as diferenzas entre o papado e o rei/emperador. Carlos foi o último rei (despois dunha reconciliación) a coroarse emperador polo papa. A 17 e 18 de abril de 1521 Lutero fala na Dieta de Worms (conferencia gobernativa) e despois de ter negado a revogación da súa doutrina, publícase o Edito de Worms, proscribindo a Lutero dentro dos límites do Imperio.

Exilio no Castelo de Wartburg[editar | editar a fonte]

Martiño Lutero en 1522

Frederico, o sabio ordenou que Lutero fose secuestrado no seu retorno da Dieta de Worms por un grupo de homes mascarados a cabalo, que o levaron para o Castelo de Wartburg, onde el permaneceu por cerca dun ano. Deixou crecer a barba e tomou as vestimentas dun cabaleiro, asumindo o pseudónimo de Jörg. Durante este período de retiro forzado, Lutero traballou na súa célebre tradución da biblia para o alemán.

Casa de Lutero en Wittenberg

Boda e familia[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 1522 volveu a Wittemberg e o 13 de xuño de 1525 casou en segredo con Catarina de Bora, unha monxa que acollera no mosteiro de Wittemberg, con ela tivo seis fillos: Xoán (1527), Magdalena (1529), Martiño (1531), Paulo (1533) e Margarida (1534).

A Guerra dos Campesiños[editar | editar a fonte]

A Guerra dos campesiños (1524-1525) foi de moitas maneiras unha resposta aos discursos de Lutero e doutros reformadores. Revoltas de campesiños xa tiñan existido en pequena escala en Flandres (1321-1323), Francia (1358), Inglaterra (1381-1388), durante as guerras husitas do século XV, e moitas outras ata o século XVIII, mais moitos campesiños xulgaron que os ataques verbais de Lutero á Igrexa e a súa xerarquía significaban que os reformadores irían igualmente apoiar un ataque armado á xerarquía social. Por causa dos fortes vencellamentos entre a nobreza hereditaria e os líderes da Igrexa que Lutero condenaba, isto non sería sorprendente.

Xa en 1522, en canto Lutero estaba en Wartburg, colaboradores seus perverteron as súas ensinanzas e pasaron a esparexer mensaxes revolucionarias por toda a Alemaña. Enfatizábase a formación dun grupo de “santos”, coa tarefa de loitar contra a autoridade constituída e promover a aniquilación dos “impíos”. Un deses pregadores foi Tomas Münzer.

A mensaxe escatolóxica de Münzer, na verdade, tiña pouco a ver coa proposta dos campesiños, tanto que el procurou a nobreza da Saxonia para obter apoio. Coa negativa destes e a eclosión dos conflitos campesiños no suroeste alemán, el logo viu o instrumento para a concretización dos seus planos.

Lutero desde cedo previra á nobreza e aos propios campesiños sobre a revolta e particularmente sobre Münzer, un dos “profetas do asasinato”, colocándoo como un dos mentores do movemento campesiño. Lutero escribiu a Terríbel Historia e Xuízo de Deus sobre Tomas Münzer, inaugurando esa liña de pensamento.

Na inminencia da revolta (1524), Lutero escribiu a Carta aos Príncipes da Saxonia sobre o Espírito Revoltoso, mostrando a tiranía dos nobres que oprimían o pobo e a loucura dos campesiños en reaccionar a través da forza e a confiar en Münzer como pregador. Houbo pouca repercusión deste escrito.

Aínda en 1524, Münzer mudouse para a cidade imperial de Mühlhausen, ofrecéndose como pregador. Lutero escribiu a Carta Aberta aos Burgomestres, Consello e toda a Comunidade da Cidade de Mühlhausen co propósito de alertar sobre as intencións de Münzer. Tamén este escrito non tivo repercusión, pois o consello da cidade limitouse a pedir informacións sobre Münzer na cidade imperial de Weimar.

O principal escrito dos campesiños eran os Doce Artigos, onde as reivindicacións foron expostas. Neles habían artigos de fondo teolóxico (dereito de ouvir o Evanxeo a través de pregadores chamados por eles propios) e artigos que trataban dos malos tratos (exploración nos impostos, etc.). Os artigos eran fundamentados con pasaxes bíblicas e pedíase que se alguén puidese probar polas Escrituras que aquelas reivindicacións eran inxustas, eles as abandonarían, e entre aqueles que se consideraban dignos de facer tal cousa estaba o nome de Lutero.

De feito Lutero escribiu sobre os Doce artigos no seu libro Exhortación á Paz: Resposta aos Doce artigos do Campesinato da Suabia, de 1525. Nel Lutero ataca os príncipes e señores por cometeren inxustizas contra os campesiños e ataca os campesiños pola rebelión e falta de respecto á autoridade.

Infelizmente tamén ese escrito non tivo repercusión e durante unha viaxe de Lutero pola rexión da Turinxia el puido testemuñar as atrocidades cometidas polos campesiños, motivándoo a escribir o Addendum: Contra as hordas salteadoras e asasinas dos campesiños. Tratábase dun apéndice de Exhortación á Paz..., mais cedo tornouse un libro separado. O Addendum publicouse cando a revolta campesiña xa estaba na final e os príncipes cometían atrocidades contra os campesiños derrotados, de modo que o escrito causou gran revolta na opinión pública contra Lutero. Nel, Lutero encoraxa os príncipes a castigar os campesiños, ata coa morte.

Tal repercusión negativa obrigou Lutero a pregar un sermón no día de pentecoste de 1525 que se tornou no libro Posicionamento do Dr. Martiño Lutero Sobre o Libriño Contra os Campesiños Asaltantes e Asasinos, onde o reformador contesta os críticos e reafirma súa posición anterior.

Como aínda había repercusión negativa, Lutero novamente se posiciona sobre a cuestión no seu Carta Aberta a Respecto do Rigoroso Libriño Contra os Campesiños, onde lamenta e exhorta contra a crueldade que estaba sendo practicada polos príncipes mais reafirma súa posición anterior.

Por fin, a petición dun amigo, o cabaleiro Asa von Kram, Lutero redixiu Acerca da Cuestión, Se Tamén Militares Ocupan unha Función Benaventurada, en 1526, co propósito de esclarecer cuestións sobre consciencia do cristián en caso de guerra e a súa función como militar.

Significado da tradución da Biblia ao alemán[editar | editar a fonte]

Lutero o autor dunha das primeiras traducións da biblia ao alemán, algo que na época era considerado herexía polo Vaticano. Lutero non foi o primeiro tradutor da Biblia para o alemán, xa había traducións máis antigas. A tradución de Lutero, con todo, suplantou as anteriores. Alén da calidade da tradución, foi amplamente divulgada coa difusión por medio do prelo, desenvolvido por Johann Gutenberg en 1453. O latín, a lingua do extinto Imperio Romano, permanecía como lingua franca europea, inmediatamente connotada co pasado romano glorioso, unha era de ciencia, de progreso económico e cultural, sendo tamén a lingua dos textos sagrados tal como estes se transmitiran polas provincias do imperio romano, por máis lonxe que fosen, nos menos de 100 anos que separan a oficialización da relixión cristiá polo Emperador Romano Teodosio I en 380 d.C. e a deposición do último emperador de Roma polo Xermánico Odoacro en 476 d.C., data avanzada por Edward Gibbon e convencionalmente acepte como ano da caída de Roma (Imperio Occidental). O fin da persecución da relixión cristiá polo imperio romano tíñase dado en 313 d.C. (Ver: Edito de Milán, Primeiro Concilio de Nicea, Constantino I, A historia do declive e caída do imperio romano, San Xerome).

Porén, o dominio do latín era, no século XVI, no fin da Idade Media e comezo da chamada Idade Moderna, apenas o privilexio dunha porcentaxe ínfima de poboación instruída, entre os cales os elementos da propia igrexa. A tradución de Lutero para o alemán foi simultaneamente un acto de herexía e un pilar da sistematización do que viría a ser a lingua alemá, ata aí vista como unha lingua inferior, dos ignorantes, plebeos. É preciso engadir que Lutero non se opuxo ao latín, e el mesmo publicou unha edición revisada da tradución latina da Biblia (Vulgata). Lutero escribía tanto en latín como en alemán. A tradución da Biblia para o alemán non significou, polo tanto, rexeito do latín como lingua académica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Martiño Lutero

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]