Saltar ao contido

Evanxeo de Xoán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evanxeo de Xoán
 Título
Εὐαγγέλιον κατὰ Ἰωάννην (grc)
Evangelium nach Johannes (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Composto por
João 1 (pt) Traducir
João 16 (pt) Traducir
João 15 (pt) Traducir
João 14 (pt) Traducir
João 13 (pt) Traducir
João 17 (pt) Traducir
João 19 (pt) Traducir
João 18 (pt) Traducir
João 21 (pt) Traducir
João 20 (pt) Traducir
Último evangelho (pt) Traducir
João 12 (pt) Traducir
João 10 (pt) Traducir
João 4 (pt) Traducir
João 3 (pt) Traducir
João 2 (pt) Traducir
João 11 (pt) Traducir
João 5 (pt) Traducir
João 7 (pt) Traducir
João 6 (pt) Traducir
João 9 (pt) Traducir
João 8 (pt) Traducir
Livro dos Sinais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Baseado en
 Representa a
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Códigos e identificadores
Freebase/m/038vs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
San Xoán Evanxelista de Xosé Ferreiro na sancristía de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela

O Evanxeo de Xoán é un libro da Biblia no Novo Testamento que contén a mensaxe de Xesucristo. O apóstolo Xoán o evanxelista é considerado tradicionalmente como o seu autor.

O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico

[editar | editar a fonte]

O Evanxeo de Xoán, dentro do conxunto dos Evanxeos, resulta moi distinto aos Sinópticos: Mateu, Lucas e Marcos. Se os sinópticos se constrúen con pezas breves: milagres e parábolas, Xoán opta por relatos moi detallados dos milagres e grandes discursos. No canto dos Evanxeos da Infancia con que comezan Mateu ou Lucas, ábrese cunha reflexión sobre o significado teolóxico que para os cristiáns ten a figura de Xesús de Nazaret. Incluso a cronoloxía da predicación e da paixón de Cristo varían respecto aos sinópticos.

Pola contra, está moito máis achegado dos outros textos que tradicionalmente foron atribuídos ao apóstolo Xoán: as tres cartas e a Apocalipse, tanto pola teoloxía de fondo como polos termos usados. Por iso os estudosos fan unha subdivisión dentro do Novo Testamento e engloban todo este material baixo o nome de Corpus Xoánico.[Cómpre referencia]

Data de composición e destinatarios

[editar | editar a fonte]

Tódolos investigadores coinciden en que é o máis serodio dos Evanxeos, o máis común é situar a súa composición arredor do ano 100.

Tradicionalmente, o lugar de composición era a cidade de Éfeso, situada preto da actual Selçuk, en Turquía. Sen poder precisar este dato, si se pode afirmar, tendo en conta o idioma e as frecuentes explicacións sobre costumes e leis xudías, que foi composta no contexto dunha comunidade cristiá de orixe grega.

A aguia, símbolo de Xoán o Evanxelista. Mosaico do século VI en San Apolinar en Classe (Rávena)

Tradicionalmente, a súa autoría foi atribuída ao Apóstolo Xoán, así, San Ireneu escribía no século II: "Segundo isto, Xoán, o discípulo de Xesús (...), deu tamén á luz o seu evanxeo cando residía en Éfeso, en Asia"[1]. No mesmo senso falarían Policarpo de Esmirna ou Polícrates de Éfeso. Aínda que, hai que ter en conta que estas referencias son sempre de segunda man. Ningún deste autores coñeceu a Xoán, e todos fundamentan as súas palabras sobre o testemuño doutros.

Ademais, unha serie de datos fan pensar nun proceso de elaboración e, polo tanto, nunha atribución máis complexa:

  • Tendo en conta a data de composición, Xoán tería que ter polo menos 80 anos cando o rematou. Unha idade moi alta para a época.
  • O manexo do grego, idioma orixinal do evanxeo, a profundidade teolóxica e o fondo coñecemento que ten de tódalas escrituras, non parece corresponder co nivel cultural que tería un mariñeiro de Galilea.
  • O texto que conservamos ten dous finais, un en (Xn 20, 30-31) e outro en (Xn 21, 24-25), o que evidenciaría a existencia de, polo menos, dous autores.

Pola contra o texto contén descricións de lugares ou detalles da vida de Xoán e da súa relación con Xesús cunha forte carga autobiográfica. Por exemplo, cando fala do primeiro encontro de Xoán con Xesús: e eles foron e viron onde paraba, eran contra as catro da tarde (Xn 1, 39). O que apuntaría a que o autor tivo acceso a unha testemuña directa de Xesús.

O autor podería ser, polo tanto, un discípulo ou un grupo de discípulos de Xoán, que recolleron a predicación e a testemuña do apóstolo e que formaban parte da súa comunidade cristiá. Dentro dese ambiente, nado do liderado do apóstolo e a partir da súa testemuña, elaboraron o Evanxeo.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A principal característica distintiva de Xoán respecto aos outros evanxeos radica en que se elabora a partir con unidades temáticas de gran tamaño.

O autor constrúe o Evanxeo mediante parellas formadas por un milagre máis un discurso. A isto engade un prólogo e remata coa actuación de Xesús e Xerusalén. predicación e paixón, morte e resurrección.

Fresco das Vodas de Caná (século XIV) no mosteiro de Decani (Kosovo). Trátase do primeiro milagre narrado no Evanxeo de Xoán (2, 1-11)
CapítulosDenominaciónContido
1PrólogoXesús é o Verbo de Deus
2Vodas de CanáMilagre da auga convertida en viño
Discurso sobre a "hora" de Xesús
---Xesús e a LeiCuración do paralítico
Discurso sobre a nova Lei
6Xesús, Pan de VidaMultiplicación dos pans e os peixes
Discurso do Pan de Vida
---Xesús, Luz do mundoCuración do cego de nacemento
Discurso da Luz do Mundo
---Xesús, a VidaResurreción de Lázaro
Discurso da Vida do Mundo
---Predicación en XerusalénXesús, Bo Pastor
Episodio da adúltera
---Paixón e morteApresamento e xuízo no Sanedrín
Ante Pilatos
No pazo de Herodes
Crucifixión e morte
---ResurrecciónO sepulcro baleiro
Aparición á Magadalena
Aparicións aos Doce
Primeiro final do Evanxeo
21EpílogoDerradeira aparición
Misión de Pedro e os Doce
Peche

Edicións en galego

[editar | editar a fonte]

Ao abeiro do Concilio Vaticano II a Igrexa Católica autorizou o emprego de linguas vernáculas na liturxia, facendo necesaria a tradución da Biblia á lingua galega.[2] Deste xeito, a editorial SEPT editou en 1965 a primeira edición dos Evanxeos baixo o título A Palabra de Deus: Os Evanxeos sendo Manuel Espiña Gamallo e Xosé Morente os seus tradutores.[3] En 1980, dentro do proxecto de tradución por enteiro da Biblia, de novo a editorial SEPT, publicou o Novo Testamento en galego, sendo Xosé Fernández Lago o responsable da tradución do Evanxeo de Xoán dende o orixinal grego.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • MATEOS, J e BARRETO, J: El Evangelio de Juan (análisis lingüistico y comentario exegético), Ed. Cristiandad, Madrid, 1982 (2ª ed.)
  • A BIBLIA: Ed. SEPT, Vigo, 1989.
  • SCHNACKENBURG, R.: El Evangelio según San Juan, 4 vol., trad. A. Esteban Lator, Ed. Herder, Barcelona, 1980.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]