Evanxeo de Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Novo Testamento
para máis detalles vexa Canon bíblico

Evanxeos de:



Cartas Paulinas:



Cartas Católicas:


O Evanxeo de Marcos é o segundo libro do Novo Testamento dentro da Biblia cristiá; céntrase na actividade pública de Xesús de Nazaret e apenas recolle os seus ditos e predicacións. Depende de tradicións anteriores, unidades de predicación sobre os feitos de Xesús que procura ensamblar a través de suturas redaccionales e sumarios para construír un relato (diégesis).

Autor[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente atribúese a Xoán Marcos, un discípulo secundario que recollía as predicacións de Pedro, papa. Na Historia Eclesiástica de Eusebio de Cesarea recóllense fragmentos de Papías que din que Marcos seguía a Pedro que ensinaba por medio de chreias (anécdotas). Tamén nos Feitos dos Apóstolos, e nalgunhas Cartas de Paulo de Tarso e na primeira Carta de Pedro fálase dun Marcos. O feito de non terse atribuído a un apóstolo outorga certa verosimilitude a esta versión.

Data de composición[editar | editar a fonte]

A maior parte dos autores sitúano ao redor do ano 70, debido ás descricións que se fan no capítulo XIII no discurso apocalíptico de Xesús que semellan describir con certa exactitude as consecuencias da represión romana tras o levantamento xudeu.

Lugar da composición[editar | editar a fonte]

Semella composto nun lugar preto de Palestina, pero dunha cultura distinta á xudía, pois explica algúns costumes hebreos. Certas expresións latinas parecen indicar unha posible composición en Roma, pero estes termos soen ser de dominación (flaxelación, denario, pretorio, censo, lexión...). Ambas hipóteses poden ter un certo grao de compatibilidade, unha primeira colección de tradicións antigas xudeocristiás en Siria, reelaboradas despois en Roma dende onde se difundíu e onde tomou a forma definitiva. A primeira redacción sería fonte para o Evanxeo de Mateo e o Evanxeo de Lucas.

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua que emprega é o grego, idioma franco da parte oriental do Imperio Romano, aínda que as construcións manifestan un evidente substrato semítico. É moi salientable que recolla expresións literais no idioma de Xesús (o arameo de Galilea), como Effetá, Elí lamá sabactaní, talita kumi ou a invocación de Xesús a Deus coa palabra familiar Abba, e aspectos da súa personalidade moi humanas (Xesús como fillo de María sen mencionar ao pai, ou que os seus irmáns o consideraran como alienado). Isto revela que se remonta a tradicións primixenias das primeiras testemuñas oculares e coetáneos de Xesús.

Destinatarios[editar | editar a fonte]

O que máis claramente se percibe no texto de Marcos é que os seus destinatarios padecían unha situación de hostilidade e de encrucillada, nun rexeitamento por parte dos fariseos e o xudaísmo ortodoxo e o poder romano tanto por padecer as consecuencias da crise do xudaísmo tras a destrución do Templo de Xerusalén como por sufrir a primeira persecución de Nerón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evanxeo de Marcos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hengel, Studies in the Gospel of Mark, Filadelfia, 1985
  • Sanders-Davies, Studying the Synoptic Gospels, London, 1989
  • Burridge, What are the Gospels. A Comparison with Graeco-Roman Biography, Cambridge, 1992