Eisenach é unha cidade de Turinxia, Alemaña, de preto de 42.000 habitantes. Está localizada a 50km ó oeste de Erfurt, a 70km ó sueste de Kassel e a 150km ó noroeste de Frankfurt. É o maior centro urbano do oeste de Turinxia e limita ó noroeste coa rexión de Hessen. A maior atracción da cidade é o castelo de Wartburg, que é Patrimonio da Humanidade dende 1999.