Zach Randolph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zach Randolph
Axente libre
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 16 de xullo de 1981 (42 anos)
Indiana Marion, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Instituto Marion (Indiana)
Universidade Michigan State (2000–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 19
Por Portland Trail Blazers
Carreira desde 2001
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2001–2007)
New York Knicks (2007–2008)
Los Angeles Clippers (2008–2009)
Memphis Grizzlies (2009–2017)
Sacramento Kings (2017–2019)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2010, 2013)
3º Equipo All-NBA (2011)
Xogador máis mellorado (2004)

Zachary McKenley Randolph, nado o 16 de xullo de 1981 en Marion, Indiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Michigan State entre 2000 e 2001, sendo posteriormente seleccionado no Draft da NBA por Portland Trail Blazers. Despois do equipo do estado de Oregón, xogou nos New York Knicks e en Los Angeles Clippers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

Nado no estado de Indiana, Zach Randolph formouse no instituto da súa cidade natal, Marion. Alí xogou durante dous anos no seu equipo de baloncesto, liderandoo a conseguir dous títulos estatais. A súa boa actuación levouno a xogar no baloncesto universitario, onde formou parte dos "Spartans" de Michigan State. Porén, tan só permaneceu alí unha temporada até declararse escollíbel para o Draft da NBA. No Draft foi seleccionado no posto 19 da primeira rolda polos Portland Trail Blazers.

NBA[editar | editar a fonte]

Xa como profesional na National Basketball Association (NBA), formou xunto ao novato Brandon Roy e ao base de segundo ano Jarrett Jack, o alicerce do rexurdimento dos Portland Trail Blazers tras varios campionatos de frustracións. Na temporada 2003−04 gañou o premio ao Xogador Máis Mellorado, tras unha melloría nos seus números espectacular, pasando de facer unha media de 3,4 puntos e 0,5 rebotes por partido durante a temporada 2002−03 até os 10,1 puntos e 3,5 rebotes o ano aseguinte. No 2004, asinou un contrato de 6 anos por 36 millóns de dólares.

En xuño de 2007, foi traspasado aos New York Knicks, compartindo vestiario, entre outros, con Eddy Curry, Jamal Crawford e Stephon Marbury. O 21 de novembro de 2008, foi traspasado a Los Angeles Clippers xunto con Mardy Collins a cambio de Cuttino Mobley e Tim Thomas.[1] O 17 de xullo de 2009, foi traspasado a Memphis Grizzlies a cambio de Quentin Richardson.[2] Nesta tempada, Randolph mantén os números do ano pasado sendo o líder os Grizzlies xunto con O.J. Mayo e Marc Gasol. Desde a súa chegada aos Grizzlies mantén unha media de puntos e rebotes superior ao 15-10. Debido ao seu bo rendemento, foi convocado dúas veces para xogar o partido do All-Star da NBA (2010, 2013) e seleccionado unha vez para o Terceiro equipo All-NBA (2011).

O 6 de febreiro de 2019, Randolph foi traspasado xunto a Justin Jackson ós Dallas Mavericks a cambio de Harrison Barnes.[3] Dous días máis tarde foi cortado polos Mavericks.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martorell, Pau (21 de novembro de 2008). "Siguen los movimientos en NYC. Zach Randolph a los Clippers". Ultimate NBA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2015.  Arquivado 28 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
  2. "Grizzlies acquire Zach Randolph from Clippers". NBA.com (en inglés). 2009. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  3. "Kings Acquire Forward Harrison Barnes". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  4. "Mavericks waive Zach Randolph after trade with Kings". ESPN.com. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]