Clara do Roxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clara do Roxo
Clara do Roxo, escritora.jpg
Clara do Roxo en 2019.
Nacemento1962
Lugar de nacementoCaracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
Na rede
Facebook: clara.doroxo AELG: 464 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo, nada en Caracas en 1962, é unha escritora galega filla de emigrantes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xeografía e Historia, cun mestrado en Escritura e Narración Creativa. É directora da escola on-line de escrita creativa Aliteraclara[1], profesora de escritura creativa en El Portal del escritor, onde dirixe o curso de relato, relato avanzado e contos infantís en lingua castelá[2].[3] Imparte cursos de escritura creativa presenciais para a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,[4] a Biblioteca do Porriño[5] e o café-teatro De Catro a Catro.[3] Imparte obradoiros baseados na escrita de Saramago, Antonio Tabucchi e Fernando Pessoa nas cidades de Porto e Lisboa

Preside Asociación cultural Catropatacos, na que se realizan actividades culturais e de apoio á lingua galega. Pertence ao colectivo 4GHATOS, de narradoras e músicos

Obras[editar | editar a fonte]

Obras individuais[editar | editar a fonte]

  • A princesiña que conducía unha locomotora, 2012, Ed. Galaxia.[6]
  • A mamá que perdeu as cóxegas, 2015, Ed. Galaxia.[7]
  • Sombras no Ensanche, 2016, Ed. Elvira[8]
  • Actrices secundarias, 2019, Ed. Elvira[9]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Obras breves de imaxinación, 2012, Baía Edicións
  • O Libro dos Reis Magos, 2013, Ed. Galaxia
  • aLiterarte, 2015 Editorial Elvira

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aliteraclara. Escola galega de escrita creativa". www.aliteraclara.com. Consultado o 20-6-2019. 
  2. "Clara do Roxo". Portal del Escritor (en castelán). Consultado o 20-6-2019. 
  3. 3,0 3,1 "Curso de Escritura Creativa presencial con Clara do Roxo - 11 MAR 2019". web.archive.org. 12-4-2019. Archived from the original on 12-04-2019. Consultado o 20-6-2019. 
  4. "Clara do Roxo imparte un curso de escritura creativa para adultos en el Casco Vello". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 20-6-2019. 
  5. Bibliotecario, David (2017-02-10). "Obradoiro de escritura creativa". Biblioteca do Porriño. Consultado o 20-6-2019. 
  6. A princesiña que conducía unha locomotora, na páxina web de Galaxia.
  7. A mamá que perdeu as cóxegas, na páxina web de Galaxia.
  8. "Sombras no Ensanche, historias para coñecermos Vigo" Arquivado 15 de novembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web de Editorial Elvira.
  9. "Actrices secundarias - Galego -". Editorial Elvira. Consultado o 2019-05-17. 
  10. Prieto, Moncha (30-8-2019). "“Actrices secundarias”, unha novela sobre o papel secundario das mulleres e a complexidade emocional do retorno a Galicia". Xornal de Lemos. Consultado o 13-10-2019. 
  11. "'Actrices secundarias' de Clara do Roxo". A Movida. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2019. Consultado o 15/5/2019. 
  12. Redacción. "Clara do Roxo presenta a súa novela "Actrices secundarias" en Detrás do Marco - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13-10-2019. Consultado o 13-10-2019. 
  13. Nicolás, Ramón (13 sept 2019). "Múller, emigración e silencios". La Voz de Galicia (Fugas, crítica a "Actrices Secundarias"): 10. ISSN 1888-5160. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]