Serafín Moralejo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de outubro de 1946 Santiago de Compostela |
| Morte | 10 de agosto de 2011 Santiago de Compostela |
| Catedrático de universidade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arte |
| Ocupación | historiador da arte, historiador |
| Empregador | Universidade Harvard Universidade de Santiago de Compostela |
| Familia | |
| Pai | Abelardo Moralejo Laso |
| Irmáns | Juan José Moralejo José Luis Moralejo |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Diccionario biográfico español Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do latinista Abelardo Moralejo (e polo tanto irmán dos filólogos Juan José e José Luis), estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.
Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Serafín Moralejo, el primer catedrático español en Harvard" Arquivado 28 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego 18/8/2011 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Moralejo Álvarez, Serafín". Dicionario biográfico de Galicia II. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 320.
- "Moralejo Álvarez, Serafín". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1409. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Moralejo Álvarez, Serafín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 662. ISBN 84-7492-465-0.
- Franco Mata, Ángela (dir. e coord.) (2004). Patrimonio artístico de Galicia e outros estudos. Homenaxe ao prof. dr. Serafín Moralejo Álvarez. Xunta de Galicia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Serafín Moralejo. El legado de un sabio" Culturas, La Voz de Galicia, 17/9/2011 (en castelán).