Saltar ao contido

Luis García Berlanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis García Berlanga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis García-Berlanga Martí Editar o valor en Wikidata
12 de xuño de 1921 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Pozuelo de Alarcón (España) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPozuelo de Alarcón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, realizador, guionista, military volunteer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial)
segunda guerra mundial
guerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJorge Berlanga, Carlos Berlanga Editar o valor en Wikidata
PaiJosé García-Berlanga Pardo Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando García-Berlanga Martí Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0305557 Allocine: 12055 Allmovie: p81578 TCM: 14721
BNE: XX953661 Dialnet: 4119213 Find a Grave: 61536770 Editar o valor en Wikidata

Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 13 de novembro de 2010,[1][2] foi un director e guionista de cine español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De mozo decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).

Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, é considerado un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.

O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.

En 1986 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore. Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.

Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da música pop dos anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.

Faleceu na súa casa de Madrid aos 89 anos o 13 de novembro de 2010, e foi enterrado en Pozuelo de Alarcón.[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Tres cantos (1948)
  • Paseo por una guerra antigua (1948). Codirixida con Juan Antonio Bardem, Florentino Soria e Agustín Navarro.
  • El circo (1949)
  • Se vende un tranvía (1959)
  • Las cuatro verdades ("Les quatre vérités" en francés, 1963), episodio La muerte y el leñador
  • El sueño de la maestra (2002)

Nomeamentos e premios

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película Resultado
1994 Película Todos a la cárcel Gañadora
1994 Director Todos a la cárcel Gañador
1994 Guión original Todos a la càrcel Candidato
1988 Guión orixinal Moros y cristianos Candidato
Ano Categoría Película Resultado
1981 Palma de Ouro Patrimonio nacional Candidata
1970 Palma de Ouro ¡Vivan los novios! Candidata
1962 Palma de Ouro Plácido Candidata
1962 Palma de Ouro Bienvenido, Mister Marshall Candidata
1962 Guión Bienvenido, Mister Marshall Gañadora
Ano Categoría Película Resultado
1963 León de Ouro El verdugo Candidata
1963 FIPRESCI El verdugo Gañadora
1956 León de Ouro Calabuch Candidata

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película
1951 Premio Jimeno Esa pareja feliz
1953 Mellor argumento orixinal Bienvenido, Mister Marshall
1959 Mellor argumento orixinal Los jueves, milagro
1961 Mellor director Plácido
1963 Mellor argumento orixinal El verdugo
1993 Mellor director Todos a la cárcel

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]