Premio Goya á mellor película
Aparencia
| Premio Goya á mellor película | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Premios Goya | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Os Premios Goya foron creados pola Academia Española de Artes e Ciencias Cinematográficas en 1986. A seguinte lista mostra todos os gañadores do Premio Goya á Mellor Película desde a primeira edición en 1986.
Datos
[editar | editar a fonte]- As películas con máis Premios Goya son Mar adentro (14), seguida de ¡Ay, Carmela! (13) e La sociedad de la nieve (12).
- As películas con máis nomeamentos son El buen patrón (20 nomeamentos), Días contados (19), seguida de La niña de tus ojos (18) e Blancanieves (18).
- As películas galardoadas rodadas noutras linguas ademais do español son: El sueño del mono loco (en inglés, de Fernando Trueba, 1989), The Others (en inglés, de Alejandro Amenábar, 2001), The Secret Life of Words (en inglés, de Isabel Coixet, 2005), Pa negre (en catalán, de Agustí Villaronga, 2010), The Bookshop (en inglés, de Isabel Coixet, 2017), As bestas (en galego e francés, de Rodrigo Sorogoyen, 2022) e El 47 (en catalán, de Marcel Barrena, 2024).
- O director que máis veces gañou o Premio Goya á Mellor Película é Pedro Almodóvar, con catro premios. Os directores que máis veces conseguiron o "dobrete" (mellor película e mellor director) nunha mesma edición son Alejandro Amenábar, con 3 dobres (en 1996, 2001 e 2004, aínda que na primeira ocasión o premio foi ao mellor "director revelación"), e Pedro Almodóvar (en 1999, 2006 e 2019); mentres que Isabel Coixet e Fernando Trueba obtiveron 2 dobres. O director que gañou o "triplo" (mellor película, mellor director e mellor guión) máis veces na mesma edición é Alejandro Amenábar, con tres (en 1996, 2001 e 2004, aínda que na primeira ocasión o premio foi ao "mellor director revelación"), seguido de Fernando Trueba con dous (en 1989 e 1992) e Isabel Coixet en 2005 e 2017.
- Os directores debutantes que gañaron o premio á "mellor película" coa súa primeira longametraxe son Agustín Díaz Yanes (por Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, 1995), Alejandro Amenábar (por Tesis, 1996), Achero Mañas (por El Bola, 2000), Raúl Arévalo (por Tarde para la ira, 2016) e Pilar Palomero (por Las niñas, 2021). Os cinco tamén gañaron o premio ao "mellor director revelación".
- Os guionistas que máis veces gañaron o Premio Goya á Mellor Película son Rafael Azcona (por El bosque animado, ¡Ay, Carmela!, Belle Époque e La niña de tus ojos) e Pedro Almodóvar (por Mujeres al borde de un ataque de nervios, Todo sobre mi madre, Volver e Dolor y gloria), con catro premios cada un. Séguenlles Alejandro Amenábar, con tres Premios Goya á Mellor Película.
- Por xéneros, o Premio Goya á Mellor Película outorgouse 15 veces a un drama, 8 veces a unha comedia, 5 veces a un thriller e 2 veces a unha película de suspense/terror.
Lista de películas premiadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estos son los premios de los PREMIOS GOYA 2022". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023.
- ↑ "Estas son las nominaciones de los PREMIOS GOYA 2024". premiosgoya.com (en castelán). 2024. Consultado o 19 de febreiro de 2024.
- 1 2 Ramón, Esteban (9 de febreiro de 2025). "Histórico 'ex aequo' en los Goya: 'El 47' y 'La infiltrada' comparten el premio a mejor película". rtve.es (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2025.
- ↑ "La infiltrada". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2026.
- 1 2 Ramón, Esteban (1 de marzo de 2026). "Goyas 2026: éxtasis de 'Los domingos' y Alauda Ruiz de Azúa por delante de 'Sirat'". rtve.es (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2026.
- 1 2 "Palmarés 40 Premios Goya". premiosgoya.com (en castelán). 1 de marzo de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
- ↑ "Los domingos". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2026.