A enciclopedia Wikipedia en mirandés foi creada polo colaboración de Cristóvão Pires e Amadeu Ferreira. Esta enciclopedia está considerada como unha ferramenta para a difusión do mirandés,[5] unha lingua que só falan unhas dez mil persoas. O mirandés, do mesmo xeito que o asturiano, pertencen ao mesmo grupo lingüístico asturleonés, mais o mirandés ten unha grafía específica, de aí o interese para os falantes de mirandés de ter a súa propia edición de Wikipedia.