Lagoa da Frouxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°36′10″N 8°09′22″O / 43.6028, -8.1562

Vista da praia da Frouxeira e no fondo, á dereita, a lagoa da Frouxeira.
Vista aérea no 2014.

A lagoa da Frouxeira é unha zona húmida do concello de Valdoviño. Localízase ao pé da praia da Frouxeira, na parroquia de Lago, dando orixe ao nome da parroquia. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Como Lagoa e areal de Valdoviño é considerada Zona húmida de importancia internacional pola Convención de Ramsar (Zona húmida de Importancia Internacional). Ademais foi declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA),[1] é lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra) e está incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.[2]


Anualmente a Xunta de Galicia procede a abrir a canle que vai da lagoa ao océano para previr inundacións nas vivendas da zona[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]