Saltar ao contido

Joaquín López Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín López Menéndez
Nome orixinal(es) Joaquín López Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 2019 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
1981 – 1983
← Domingos Rafael Merino MexutoFrancisco Vázquez Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDeputación da Coruña Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLa Coruña Unida (1983–1987)
Unión de Centro Democrático (–1982) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5622748

Joaquín López Menéndez, nado na Coruña en 1939 e finado na mesma cidade o 21 de abril de 2019[1], foi un enxeñeiro e político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1981 e 1983.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de camiños e xefe do servizo de vías e obras da Deputación da Coruña, elixido concelleiro como cabeza de lista pola UCD foi alcalde da Coruña trala moción de censura presentada contra o nacionalista Domingos Merino o 1 de abril de 1981.

O seu mandato caracterizouse pola reivindicación para A Coruña da capitalidade de Galicia, chegando mesmo a declarar tres días de loito oficial en abril de 1982 e convocar unha manifestación en xuño para conseguila, pero non contou con apoios fóra da cidade. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse polo partido de ámbito local La Coruña Unida conseguindo manterse no consistorio como concelleiro.


Predecesor:
Domingos Merino
 
Alcalde da Coruña
 
1981 – 1983
Sucesor:
Francisco Vázquez Vázquez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]