La Coruña Unida
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
| La Coruña Unida | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Fundador/a
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
La Coruña Unida foi unha formación política coruñesa de ámbito local xurdida en 1983 co fin de reivindicar a capitalidade galega por parte da cidade da Coruña en detrimento de Santiago de Compostela durante a etapa coñecida como Transición.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O seu fundador e máximo dirixente foi o exalcalde Joaquín López Menéndez que, tras abandonar UCD ao non acadar apoios abondos para manter a capitalidade autonómica na Coruña, se presentou ás eleccións municipais do ano 1983 á fronte deste partido. O resultado foi de cinco edís, insuficientes para contrarrestar xunto coa Coalición Popular a maioría absoluta obtida polo PSdeG-PSOE, que tiña a Paco Vázquez á fronte. CP renunciou a presentar formalmente candidato á alcaldía e os seus oito concelleiros votaron en branco[2].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde Muruais, Perfecto (21 de abril de 1978). "Santiago y La Coruña se disputan la capitalidad de Galicia". El País (en castelán).
- ↑ Gutiérrez, José Manuel (2 de xuño de 2013). "El nacimiento de un mito político". La Opinión (en castelán).