Jordi Solé Tura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi Solé Tura
Datos persoais
Nacemento23 de maio de 1930
 Mollet del Vallés
Falecemento4 de decembro de 2009
 Barcelona
OrganizaciónPSUC e PSC-PSOE.
CónxuxeTeresa Eulàlia Calzada Isern
FillosAlbert Solé
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónXurista, político e profesor universitario.
Na rede
IMDB: nm0812885 Dialnet: 32571 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jordi Solé Tura, nado en Mollet del Vallès o 23 de maio de 1930[1] e finado en Barcelona o 4 de decembro de 2009,[2] foi un político e xurista catalán, un dos sete Pais da Constitución Española de 1978.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido deputado por Barcelona en xuño de 1977 e marzo de 1979. Foi un dos dous cataláns dun total de sete relatores da Constitución Española de 1978. En 1985 foi elixido Decano da Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona. Foi de novo elixido deputado por Barcelona en 1989, 1993 e 1996.

Foi Ministro de Cultura nos gobernos de Felipe González. Durante o seu mandato como ministro, executáronse as obras de remodelación da Biblioteca Nacional de España e comezáronse as do Teatro Real de Madrid, que non finalizaron durante o seu mandato. Inaugurouse en 1992 o Museo Thyssen-Bornemisza.

Faleceu o 4 de decembro do 2009, dous días antes do 31º aniversario da Constitución.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Columnista en diversos diarios, especialmente El País, El Periódico de Catalunya e La Vanguardia. Publicou as seguintes obras:

  • 1970: Catalanismo y revolución burguesa
  • 1974: Ideari de Valentí Almirall
  • 1974: Política internacional y conflictos de clase
  • 1977: Diccionario del comunismo
  • 1996: Història social de la filosofia, 3 volumes. Tradución da obra A History of Western Philoshophy de Bertrand Russell
  • 1999: Una història optimista. Autobiografía.
Predecesor:
Jorge Semprún

Ministro de Cultura de España[4]

1991 - 1993
Sucesor:
Carmen Alborch

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Congreso dos Deputados, ficha.